Que pretenden facer? Queren finiquitar este asunto nunha Mesa Xeral sen explicacións nin negociacións previas de ningún tipo, tanto o documento de criterios de funcionarización como a equivalencia e reclasificación das categorías.

Hai moitas preguntas que polo de agora nin CCOO, nin UGT, nin a Xunta responderon:

  1. Por que hai categorías que se funcionarizan e outras non?
  2. Por que unhas categorías se reclasifican nun grupo superior e outras non?
  3. Por que esas categorías de persoal laboral se reclasifican e os corpos e escalas de funcionarios/as non?
  4. Por que non se esmeran e propoñen unha promoción interna de persoal funcionario como fan coa funcionarización, cunha batería de 500 preguntas para o C2 ou 700 para o C1, previamente publicadas?

CCOO, UGT e a Xunta decidiron funcionarizar a uns si e a outros non, reclasificar a unhas categorías e outras non, e esquecer ao persoal funcionario. Un agravio para os que non se funcionarizan, para os que non se reclasifican e para todo o persoal funcionario no seu conxunto.

Cales son os motivos? Queremos luz e taquígrafos e unha negociación transparente nas mesas de negociación e non unha reunión de amigos no despacho do director xeral de Función Pública.