Proceso selectivo para ingreso na escala tećnica de estatística (A2). Vai á Comisión de Persoal do luns 25. Podería ir ao Consello da Xunta do xoves 28, e de aí para o DOG (o tempo que tarden en publicar). Non fan ningún cambio respecto do borrador que foi á Mesa Xeral, agás a corrección dun erro na puntuación do segundo exercicio. Descargar borrador da CP.

Proceso selectivo para ingreso na escala de letrados (A1). Tamén vai á Comisión de Persoal do luns 25, e tamén podería ir ao Consello da Xunta do xoves. Aparecen cambios respecto do borrador que foi á Mesa Xeral, a maioría simples formalidades, agás un cambio que nos sorprende: sendo o habitual que o primeiro exercicio non fose antes dos 10 meses dende a publicación das bases no DOG, nesta ocasión mudaron o prazo a 4 meses. Demandamos explicacións. Descargar borrador da CP.

Oferta de Emprego Público 2019.  Vámolo discutir tamén o luns 25, na Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos, en sesión extraordinaria. Supoñemos que a proposta xa ven cociñada xunto a CCOO e UGT, esta proposta que nola entregaron o xoves 21. Vai en dous lotes: OEP dependente de Función Pública, e OEP dependente de Sanidade (escalas sanitarias, lei 17). Sospeitamos que van forzar a máquina sen negociar coa CIG, e que poderían levalo a unha Comisión de Persoal o mércores 27, e ao día seguinte aprobado no Consello da Xunta. Podería estar no DOG o venres 29.

Curiosa a velocidade que nos últimos tempos colleu Función Pública. Será que veñen as eleccións sindicais de funcionarios (xoves 11) e queren influir no voto? Ou será que están aí as eleccións políticas de abril e maio? Por que non lle dan o mesmo impulso aos concursos de traslados?

RPT de IGCC. O mércores 20 recibimos a proposta de modificación desta RPT. Temos unha xuntanza para discutilo o martes 26/03/2019. Descargar.

RPT GAIN. O xoves 21 recibimos esta RPT, e teremos xuntanza tamén o martes 26/03/2019. Descargar.

Pluses de GAIN e LOMG. Recibimos documentación o mércores 20, cambiada ao día seguinte, día 21. Vamos sentarnos a discutila o martes 26 (día cargadito). Descargar.

RPT CMATV. A documentación chegounos o venres 22, para discutila o mércores 27/03/2019. Descargar.

Xuntanza co conselleiro de Medio Rural. Convocounos a unha xuntanza que vai ser o venres 29, para falar dos axentes forestais e medioambientais.