- Dubidamos da legalidade da asignación fora da esfera funcionarial da elaboración de informes que dan lugar a sancións, autorizacións, etc. Faremos a oportuna consulta xurídica para impugar esta encomenda.

- Incúmprese toda a normativa de protección de datos, pois os expedientes son sacados fora da consellería nunha furgoneta e levados ao Polígono do Tambre. Como se custodian eses expedientes?

- A encomenda de 2018 rematou en decembro a de 2019; comezou de novo o 1 de marzo, pero sabemos que nestes dous meses seguiuse enviando expedientes. Como se pagaron? Existe unha caixa B na Administración?

- A empresa Tragsatec non conta entre os seus fins(*) coa elaboración de informes técnicos de contido cultural, e por suposto non conta con persoal arqueólogo, así contrata a través de Infojobs a persoal arqueólogo que teñen que facer os informes a modo “churro rápido” pois hai que cumplir obxectivos. Por suposto os informes teñen que ser corrixidos e validados despois polos técnicos da Administración, convertindo todo nun sinsentido aparte dun malgasto.

*Ley de contratos: Disposicion adicional vigesimo cuarta:
1. La «Empresa de Transformación Agraria, S. A., S. M. E., M. P.» (TRAGSA), y su filial «Tecnologías y Servicios Agrarios, S. A., S. M. E., M. P.» (TRAGSATEC), tienen por función entre otras, la prestación de servicios esenciales en materia de desarrollo rural, conservación del medioambiente, adaptación y mantenimiento de aplicaciones informáticas, control sanitario animal, atención a emergencias, y otros ámbitos conexos, con arreglo a lo establecido en esta disposición.

- Existe unha lista de contratación da Administración de persoal arqueólogo con 118 persoas, agora que lles decimos a esa xente? Esto é unha fraude ás súas expectativas, e unha estafa pois non nos olvidemos de que pagaron por unhas listas que son ninguneadas pola propia Xunta.

- Coas dúas encomendas que levan, van gastados máis de 350.000 euros; non daba para crear varias prazas de arqueólogos? Que pasa nesta Xunta de Galicia? É mellor gastar 10 no capítulo VI que cinco no capítulo I.

En fín nesta Administración de carácter neoliberal, se o importante é externalizar, pois externalicemos tamén os cargos da Directora Xeral e do Secretario Xeral, contratamos por Infojobs e seguro que aforramos!!!!

Máis alá da chanza, facemos unha chamada ao Conselleiro de cultua (por certo licenciado en Xeografía e Historia) para que deixe de pensar tanto no Xacobeo e organice algo máis o seu departamento.