A CIG xa solicitou a retirada desta instrucción por non estar negociada e por non axustarse á lexislación vixente xa que estamos ante unha actitude que vulnera o estabelecido no Estatuto Básico do Empregado Público no que nada se recolle ao respecto sobre a distribución dos días nin sobre a antelación mínima de petición, o mesmo se deduce do establecido no decreto lexislativo 1/2008 o cal, unicamente, puntualiza que haberá que atender ás necesidades do servizo, pero tamén deixa moi claro que estes días por asuntos propios poderá dispoñerse deles sen xustificación, o cal significa que sempre que as necesidades de servizo estean cubertas non se pode obrigar a ningún traballador a collelos nun período ou noutro do ano.Respecto á antelación mínima de 15 días para solicitalos excepto supostos de urxencia, suposto que libremente vai valorar o xefe/a, é totalmente ilegal xa que vulnera claramente os dereitos dos empregados e empregadas da Xunta de Galiza a disfrutar destes días, dereito que non se pode pisar baixo a premisa de necesidades do servizo, necesidades que, en moitos dos casos, se estabelecen dunha maneira polo xefe ou xefa de turno.

Ademais de todo o exposto anteriormente hai que salientar que estas instrucción foro ditadas sen unha reunión previa cos representantes dos traballadores e traballadoras o que vulnera de novo a legalidade vixente. A esto engadímoslle a instrucción aos xefes de servizo para o establecemento de quendas fixas no descanso diario cuestión novamente ilegal, non negociada e que prexudicará os servizos e causará novos problemas.

A CIG denuncia tamén a covardía de quen utiliza a vella premisa de que paguen xustos por pecadores, criminalizando a todo un colectivo polas actitudes duns poucos e, no canto de asumir e actuar nos casos puntuais, se utilicen recortes de dereitos colectivos para xustificar a adopción de medidas que tiñan que ser singularizadas. Así, con esta estratexia, Selas e o seu boneco Rogelio, disimulará os incumprimentos da corte de aduladores diluíndoos, trasmitíndollos e, por último, infectando a todo un colectivo que non ten culpa ningunha diso e que se ve, así, manchado polas actitudes dos pelotas de turno.

Nota: Se queres o cartaz podes descargalo facendo click na imaxe ou ben a través da sección de descargas da nosa web