Inicio
Luns, 18 Marzo 2024

A CIG solicita que se volva a abrir o buzón de postos do concurso de corpos especiais

Despois dun breve prazo para formular alegacións, Función Pública pechou o buzón sen responder a máis da metade das alegacións sobre os postos.

De todas as alegacións formuladas pola CiG en relación aos postos do concurso de traslados de corpos especiais (inclusións, exclusións, etc) de máis da metade non temos resposta.

Hai que facer constar que cando nós alegamos por ter coñecemento de que determinados postos que non están no listado inicial deberían aparecer porque son vacantes, o que ...


Venres, 15 Marzo 2024

Que pasa coas gardas dos axentes do Servizo de Patrimonio Natural?

O Servizo de Patrimonio Natural en Ourense un ano máis queda sen periodo extraordinario ao comezo da tempada de pesca, e repetirá a tempada de caza sen reforzo do persoal. Do resto, a pesar das demandas de ampliación, seguen co periodo recortado de dous meses

Unha das tarefas fundamentais dos axentes ambientais que traballan no Servizo de Patrimonio Natural é a vixilancia e control das actividades de pesca fluvial e a cinexética, e para iso compre o reforzo coa ampliación horaria coas ...


Venres, 15 Marzo 2024

Segue o nepotismo de xefa territorial de Sanidade de Ourense

A CIG pide o cese da xefa territorial de Ourense da Consellería de Sanidade por repartir a dedazo os postos de nivel sen “as funcións” e sen mover ao persoal ao posto adxudicado

Na CIG-Autonómica denunciamos a situación que dende fai anos está a acontecer nesta xefatura e específicamente no Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios de Ourense.

Neste servizo, a data de hoxe, están creados un total de 31 postos:

  • 3 xefaturas de sección (nivel 25)
  • 7 xefaturas de negociado (nivel 18)
  • 9 ...

Venres, 15 Marzo 2024

Xubilación anticipada para o persoal axente ambiental, XA!

A CIG insta a xubilación anticipada para o persoal das escalas de axentes ambientais á Xunta de Galiza e na Lei básica que se está a tramitar no Congreso dos Deputados/as

A CIG insta á Xunta de Galiza para que dea cumprimento do Acordo sobre as condicións de traballo dos axentes forestais e medioambientais de Galicia asinado coas organizacións sindicais CIG, CCOO e UGT o 11 de outubro de 2018 para que procedan a solicitude de implantación de coeficientes reductores para o persoal das ...


Xoves, 07 Marzo 2024

8 de Marzo: a Xunta de Galiza e o seu PLAN DE “IGUAL DÁ”

Este é o primeiro 8 de marzo no que o persoal da Xunta de Galiza vai contar cun Plan de Igualdade aprobado pola administración da Xunta e os sindicatos CCOO, CSIF e UXT, co voto en contra da CIG

Porque votamos en contra? Porque este Plan non recolle nin un mínimo de medidas que poidan mellorar a situación das traballadoras na Xunta de Galiza; porque asinar o Plan, tal e como se fixo, é unha oportunidade perdida de adoptar unhas medidas para conseguir avances reais en igualdade; porque non se ...


Martes, 05 Marzo 2024

Concurso de traslados: que pasa co do persoal veterinario da Xunta de Galiza? E do resto de escalas?

A Dirección Xeral de Función Pública négase a meter no concurso de corpos especiais, que se vai publicar este 11 de marzo, ao persoal veterinario pero non o xustifica nin dá razóns. A consecuencia é que xa temos ata tres promocións en destino provisional e máis de 700 compañeiros e compañeiras pendentes dunha mobilidade ou dun destino definitivo que nunca chega. 

Tendo en conta que segundo manifestou o Director Xeral de  Función Pública para todos os procesos selectivos as tomas de ...


Xoves, 15 Febreiro 2024

E as condicións de traballo do persoal non docente dos centros de ensino, "pa" cando?

O 12 de febreiro quedou aprobada unha nova modificación parcial da RPT de Educación co voto en contra da CIG e a abstención do resto das organizacións sindicais (CCOO, CSIF e UGT).

O voto en contra da CIG non é tanto pola RPT en si, se non que se debe a que para a xustificación de creacións e amortizacións de postos seguen a empregar os ratios da Circular do ano 1994 coa que non concordamos por considerala desfasada e que non se axusta á realidade dos centros e tampouco foi negociada en ...


Martes, 13 Febreiro 2024

Retiran os tempos de programación educativa e, temos que estar caladas?

O Consorcio exerce presión sobre as súas traballadoras ante a mobilización pola eliminación das titorías e tempo para a programación educativa

Ante a mobilización convocada pola CIG mañá 14 de febreiro ás 11 horas diante dos Servizos Centrais do Consorcio e Política Social en Compostela, o Consorcio de Igualdade e Benestar enviou ás familias e ás traballadoras unha carta comunicando que a información trasladada nos últimos días polas compañeiras de “non ter titorías é unha ...


Luns, 12 Febreiro 2024

Aprobado o Acordo de condicións laborais do persoal do SPIF

O Acordo de condicións laborais do persoal do SPIF foi aprobado na Comisión de Persoal do luns día 12 de febreiro

Despois dun tempo de loita e mobilización para conseguir a negociación real dun Acordo de condicións de traballo para os compañeiros e compañeiras do Servizo de Prevención de Incendios Forestais de Galiza (SPIF), a Administración convocara para o pasado 8 de febreiro unha primeira xuntanza coa que se iniciou un proceso negociador con Función Pública que, tras varias idas e ...


Luns, 12 Febreiro 2024

Aprobados os concursos de traslados de corpos xerais e de enxeñarías, arquitectura e ciencias

O luns 12 de febreiro quedaron aprobadas as bases dos concursos de traslados de corpos xerais e de enxeñarías, arquitectura e ciencias, os dous coa abstención de CIG. A publicación en DOG tardará unhas semanas, tempo no que aínda poderemos alegar ás prazas.

As bases destes dous concursos son case idénticas ás dos concursos dos últimos meses (incendios, axentes medioambientais, consumo e gardacostas). Pero nesta ocasión houbo un condicionante que impediu o voto favorable da CIG: a incerteza ...


Luns, 12 Febreiro 2024

O empobrecemento do persoal do Agacal

Nesta funcionarización expres que a Función Pública mete nunha mesa “multiasuntos” consolídade a discriminación salarial do persoal dos centros agrarios da Xunta.

Nos centros de AGACAL prometeron unha mesa de negociación de pluses no ano 2021, cando se aprobou tamén ás presas, a primeira relación de postos de traballo (RPT). 

Esta negociación finalmente non foi adiante a pesar de que logo das mobilizacións do persoal dos centros en maio de 2023, a Xerencia do Agacal e a Dirección Xeral da ...


A CIG denuncia que esta encomenda supón delegar en persoal desta empresa a emisión dos informes que debería realizar o persoal propio da Consellería; é dicir, trátase dunha extemalización e dunha precarización do traballo do funcionariado. Pero ademais, alertamos que TRAGSATEC non só non ten competencia para realizar informes arqueolóxicos destas característica, senón que a propia encomenda reviste un dubidoso encaixe na Lei orgánica de protección de datos, xa que os expedientes, para a súa tramitación, son trasladados dende a Dirección Xeral ás oficinas de TRAGSATEC.

Ao persoal funcionario indicóusenos no seu día que os expedientes deberían estar gardados baixo chave para que ninguén alleo poida consultar os datos que conteñen. Máis aínda, a Consellería nega de xeito sistemático as solicitudes de teletraballo que presentan arqueólogas/os e arquitectas/os baseándose, precisamente, en que a información que conteñen os expedientes é sensíbel e, daquela, "necesariamente debe permanecer nas dependencias" da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Como é posíbel entón que poidan ser trasladados fisicamente ás oficinas da empresa no Polígono do Tambre?

Unha RPT totalmente insuficiente

A aprobación da Lei de Patrimonio Cultural de Galiza do ano 2015 (que fortaceleu o papel de control da Administración), xunto coa aprobación de numerosos plans xerais de ordenación municipal, provocaron que se incrementara considerabelmente o volume de traballo nos últimos anos. Porén, a Dirección Xeral, que xa carecía de persoal suficiente para sacar adiante os expedientes, non aumentou o número de arqueólogas/os e arquitectas/os, chegando mesmo ao esperpento de que prazas creadas na relación de postos de traballo da Consellería están vacantes, sen ocupar por persoa ningunha. Como resultado, os atrasos na emisión das resolucións de autorización son enormes, co conseguinte malestar na cidadanía.

Diante desta situación, a Dirección Xeral de Patrimonio contratou persoal arqueólogo de reforzo nos anos 2017 e 2018 mediante contratos de acumulación de tarefas, cunha duración máxima dun ano, e que non foron renovados dende mediados do pasado ano. Hai que engadir que, a pesar de ser o camiño para crear as prazas fixas que poideran solucionar o problema, a RPT está paralizada dende 2015. Tampouco se pode perder de vita que existe unha lista de persoal temporal funcionario de arqueólogos (procedente da última oposición) de 120 persoas ás que se lle cobrou unha taxa por estar nesa lista e que teñen unha expectativa de traballo anulada a causa desta encomenda.

TRAGSATEC non ten traballadores/as cualificado/as para estas tarefas

Foi entón cando a Dirección Xeral de Patrimonio, apostando pola fórmula estrela do PP, por primeira vez na historia da Xunta externaliza parte do servizo técnico de arqueoloxía ao asinar con TRAGSATEC unha encomenda de xestión de servizos (permitida pola nova lei de contratos) pola que esta empresa pública pode xestionar os expedientes. Esta encomenda tiña un prazo de vixencia de cinco meses (de xullo a decembro de 2018).

Mais como TRAGSATEC carece do persoal necesario para facer estas tarefas, tivo que realizar unha contratación específica mediante a publicación dun anuncio nunha coñecida páxina de busca de traballo na rede. Sobre a tramitación dos expedientes, a CIG subliña que foron feitos a toda présa polos traballadores/as da empresa e, polos erros detectados, tiveron que ser corrixidos polos técnicos da Xunta. Prima logo a cantidade antes que a cualidade. Non esquezamos que estes expedientes dar lugar ou non a autorizacións de obra, a sancións, multas ou aperturas de expedientes informativos por infraccións en materia de patrimonio cultural.

Por outra banda, a CIG adiverte que as persoas que traballan para TRAGSATEC carecen da independencia que pode garantir o persoal funcionario. Como actuarán cando reciban presións para informar dunha determinada forma un expediente concreto sabendo que o seu emprego depende de que realice os informes de acordo con quen os contrata? Os riscos para a protección do patrimonio cultural son evidentes. Estase a externalizar nunha empresa a tutela dun patrimonio composto por bens que son de dominio público e moi sensíbeis e que, por tanto, deben corresponder ao ámbito da administración e da función pública.

A Dirección Xeral négase a contratar novo persoal

Malia ter solicitado en reiteradas ocasións, tanto dende a Xunta de Persoal como dende a representación da CIG, á Dirección Xeral a cobertura das prazas xa existentes e á creación na RPT daquelas que sexan necesarias, a Administración escúdase en que non pode contratar novo persoal e os expedientes seguen sendo tramitados por TRAGSATEC durante os meses de xaneiro e febreiro, un acto ao noso entender totalmente fraudulento. Como colofón deste despropósito, o pasado 25 de marzo saía publicado no DOG a nova encomenda de xestión, que se retrotrae a principios de marzo. Co que levan gastado xa daba para crear cinco prazas de arqueólogos

Así as cousas, a CIG está estudando a posibilidade de impugnar esta encomenda e non descarta iniciar mobilizacións contra a externalizacón de servizos e para esixir que se dote a todos os departamentos da Administración do persoal necesario para garantir uns servizos públicos de calidade.