A isto engade que se establecen veterinarios itinerantes entre oficinas para os traballos de oficina e de inspección gandeira.

Falta de persoal

Nos últimos anos non se cobren postos vacantes e comezan a amortizarse prazas -de forma indirecta ao deixándoas sen dotación orzamentaria- o que deu lugar a que na actualidade falte unha quinta parte do persoal das oficinas agrarias.

Esta falta de persoal fai que as oficinas estean pechadas en períodos de tempo ou estean abertas certos día da semana o que dá lugar á itinerancia do persoal que se ten que trasladar dunha oficina a outra para atender o traballo de oficina ou inspección.

A falta rexistros habilitados, tanto de persoal coma de medios, impide que nestas oficinas se poida facer un acompañamento efectivo na alfabetización dixital e xestións dixitais que teñen que facer unha gran parte dos administrados na actualidade (persoas xurídicas) e en breve todas as persoas físicas.

Negocio paralelo

Ante esta situación está a xerarse un negocio de xestión paralelo (xestorías agrarias) que está a ocupar o espazo do servizo público que durante décadas representaron as oficinas agrarias comarcais (herdeiras das axencias de extensión agraria).

Pérdese a vinculacion do persoal das PAC co entorno o que impide dinamizar e establecer plans e progamas dirixidos tanto á poboacion activa como ás persoas titulares da terra, na procura dese tan desexado desenvolvemento rural, base da nosa paisaxe.

Previsión desoladora para a vindeira década

A previsión na vindeira década é que esta situación se acelere, se non se poñen xa medidas, xa que na actualidade o 60% do persoal das oficinas agrarias ten máis de 51 anos; o que supón que unha gran parte do persoal xubilarase non vindeiros anos sen estar garantida a súa substitución.

A CIG denunciou esta situación en numerosas ocasións (como coa denuncia de falta de persoal na OAC de Xinzo de Limia ou na OAC de Lugo -neste caso a través da xunta de persoal-), especialmente nos órganos de representación das/os empregadas/os pública/os; mais considera a situación o suficientemente grave para toda a sociedade como para que se faga pública con carácter xeral ao estarmos a xogar co futuro do noso rural.

Agardamos que non teñamos que perder as oficinas agrarias para comezar a valorar o traballo que realizan a prol do noso medio rural.