Inicio
CIG-Autonomica
  • 20120501.lugo.1.jpg
  • 20120501.Pontevedra.1.jpg
  • 20120501.Vigo.1.jpg
  • 20120501.Compostela.4.jpg
  • 20120511.gaias.15.jpg
Mércores, 27 Mai 2020

Como contactar e recibir información da CIG-Autonómica

Non é a primeira vez que na CIG recibimos comentarios no senso de que non estamos a enviar información suficiente. Algunha vez os comentarios son todo o contrario, que o envío de informació é excesivo. Se o teu caso é o das persoas que se sinten saturadas, sentímolo; a nosa intención e obriga é informar.

Se non te chega a información que xenera a CIG e queres recibila, atende este correo.

A CIG-Autonómica envía varias veces por semana información por correo electrónico, twitter, telegram ...


Martes, 26 Mai 2020

Política Social "premia" o esforzo do seu persoal limitándolle as vacacións anuais

A consellería de Política Social envía un documento de instrucións co que pretende limitar o dereito a coller as vacacións recollido no V Convenio Único do Persoal Laboral da Xunta de Galiza, condicionando as vacacións anuais do persoal que traballa nos centros de menores, de atención á discapacidade e de maiores.

Logo do esforzo e risco asumido nesta pandemia, a consellería, en troques de recuperar dereitos que se manteñen recortados ao persoal que está a traballar nos servizos esenciais, ...


Luns, 25 Mai 2020

A CIG solicita a apertura das Residencias de Tempo Libre para o persoal que loitou contra o covid19

Algo que quedou claro durante estes meses de pandemia é que o persoal ao servizo das Administracións Públicas é imprescindible para o funcionamento do estado do benestar e para garantir a cualidade de vida da cidadanía (cando non a propia vida). Ainda que hai máis persoal que se deixou o pelexo, puidémolo ver especialmente nos centros sanitarios e de servizos sociais. 

Porén, a Xunta de Galiza estanos a demostrar que para eles este persoal é de usar e tirar. Xa cumpriron a súa misión, así ...


Luns, 25 Mai 2020

A denuncia da CIG obriga á Xunta a modificar o seu procedemento para o persoal sensible

Tralo requirimento da Inspección de Traballo de Pontevedra por mor  dunha denuncia da CIG, o CECOP corrixíu o procedemento de recoñecemento do persoal especialmente sensible. 

O 19 de maio publicouse no DOG o acordo do CECOP polo que se modifica a guía da actuación preventiva ante o coronavirus no ámbito da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para todo o persoal, o que na práctica, supón que sexa o o Servizo de Prevención de Riscos Laborais (SPRL) da Xunta o único ...


Domingo, 17 Mai 2020

A Xunta sáltase o seu propio Protocolo interno de reincorporación ao traballo

A Xunta chama á incorporación presencial do seu persoal e programa a apertura de centros a partir deste luns 18 sen ter en conta as medidas previstas no seu protocolo de reincorporación.

As organizacións sindicais CIG, CCOO, CSIF e UGT, con representación na Mesa Xeral de Empregados Públicos, que ratificamos o Protocolo do Consello da Xunta polo que se establecen a reincorporación do persoal empregado público ao traballo presencial e as medidas de prevención fronte ao COVID-19, denunciamos ...


Xoves, 14 Mai 2020

A CIG solicita compensación por traballos extraordinarios a causa do COVID19

Consecuencia do Estado de Alarma, determinadas empregadas e empregados públicos viron incremendata a súa carga de traballo, en moitos casos sen ningún tipo de compensación.

Poñemos o caso, por exemplo, do persoal que tramita os ERTE que viron moi incrementada a súa carga de traballo. Estas compañeiras e compañeiros levan dende o comezo do Estado de Alarma tramitando expedientes baixo presión para “avanzar”, traballando fora de horario, festivos e domingos. Este persoal encárgase dunha ...


Xoves, 14 Mai 2020

COVID-19 en instalacións de aire acondicionado

Recomendacións para a operación de sistemas de aire acondicionado. Outro exemplo da improvisación da Xunta de Galicia.

Durante as próximas semanas producirase o progresivo retorno do persoal da Xunta de Galiza os seus respectivos locais de traballo. Dada as dúbidas existentes respecto aos sistemas de ar acondicionado queremos informarte das medidas adecuadas e as recomendacións feitas en materia de sistemas de climatización propostas pola: ATECYR (Asociación Técnica Española de ...


Mércores, 13 Mai 2020

O teletraballo ten que vir para quedarse: a CIG defende a prórroga de tres meses máis aló do estado de alarma

A CIG ven de poñerse en contacto coas outras organizacións sindicais para instar a reunión urxente da comisión de seguimento do acordo do protocolo de reincorporación e o grupo de traballo sobre o teletraballo, para avaliar a fase preliminar, estudar a ampliación temporal e a outros colectivos do teletraballo.

A comisión de seguimento é un instrumento de traballo para a mellora do protocolo, e este debe ser un documento vivo e aberto a cambios. Cremos que a comisión debe ter carácter ...


Mércores, 13 Mai 2020

O Fondo de Acción Social 2019 leva meses de retraso: reclamamos a súa negociación

A día 1 de marzo de 2019 estabamos negociando o Fondo de Acción Social (FAS) do ano 2018. Coa emerxencia sanitaria derivada do COVID-19 a Xunta de Galiza esqueceu o FAS 2019. Desde o ano 2012 o Fondo de Acción Social quedou recortado ao mínimo. En ningún destes nove últimos exercicios orzamentarios amosou a Xunta a máis mínima intención de reverter eses brutais recortes nos dereitos sociais do persoal.

Dende a CIG exiximos:

  • Dotar o Fondo de Acción Social da Xunta de Galiza co 1% da masa ...

Domingo, 10 Mai 2020

O Consello da Xunta aproba un protocolo de reincorporación para a Administración xeral

A CIG decidiu ratificalo, non porque sexa o mellor protocolo posible, senón para poder seguir traballando con el, ter a oportunidade de amplialo e controlar a súa aplicación para evitar males maiores.

O Protocolo de reincorporación do persoal empregado público ao traballo presencial e as medidas de prevención fronte ao COVID19 foi aprobado polo Consello da Xunta, e ratificado polos sindicatos integrantes da Mesa Xeral (CIG, CCOO, CSIF e UGT). Aínda así persistimos na nosa critica de falla ...


Venres, 08 Mai 2020

Persoas especialmente sensibles ante a reincorporación presencial ao posto de traballo

A pesares dos moitos atrancos que están a poñer, queremos lembrarche que o persoal especialmente sensible fronte ao COVID19 ten a posibilidade de solicitar que se lle valore a súa situación.

Tal e como vimos dicindo dende a CIG, lembra que NON DEBES FACILITAR OS TEUS DATOS MÉDICOS a ninguén que non sexa o SPRL (Servizo de Prevención de Riscos Laborais).

Que teñas unha serie de patoloxías ou sexas maior de 60 anos NON determina directamente ese recoñecemento de persoal especialmente ...


Xoves, 07 Mai 2020

Protocolo de reincorporación ao traballo presencial: ordeno e mando

Función Pública impón un protocolo de reincorporación ao traballo presencial do persoal ao servizo da Administración Autonómica. Exclúe aos ámbitos sanitario, sociosanitario, educativo e xudicial.

O primeiro borrador recibímolo ás 15h do luns 4 de maio. Tiñamos de prazo para presentar alegacións a un documento de 20 páxinas antes das 10h do mércores 6 (menos de 48 horas). Ese día a CIG presentou as alegacións, un documento de 20 páxinas froito dunha chea de horas de traballo de moita ...


O acordo polo que se rexe este persoal para a realización do traballo na época de máximo risco de incendios entrou en vigor en 2008 e aínda que está prorrogado tacitamente, non se actualizou desde a súa sinatura, o que provoca un desfase considerable entre as condicións de traballo e as circunstancias legais e económicas do momento actual.

Esíxese que se consideren como horas de traballo efectivo as 500 horas nocturnas anuais que fan os técnicos forestais por riba da carga horaria doutros funcionarios, como marca o dereito comunitario, así como o cumprimento da normativa laboral en relación a horas traballadas e descansos semanais dos xefes dos distritos.

Demándase unha reorganización das condicións de traballo do persoal técnico vinculado ao SPDCIF cun aumento substancial dos efectivos do persoal técnico funcionario que permita atender as múltiples tarefas que esixe a normativa sectorial forestal, cun número de días de descanso e de vacacións adecuado e cunha mellora das retribucións. Demándase tamén unha oferta de emprego público de todas as vacantes, así
como a segunda actividade e coeficientes redutores. 

Despois dun ano, a dilación da apertura oficial da mesa de negociación amosa unha absoluta falta de respecto ao servizo público que exercen os técnicos forestais vinculados ao SPIF e aos propios traballadores.

Por iso convocamos un acto reivindicativo o vindeiro 16 de maio de 2019 ás 10:30 na Xunta de Galiza, en San Caetano (Santiago de Compostela).