As contías destinadas ao complemento de carreira no Acordo de concertación dependen dos fondos adicionais e de non cumprirse o obxectivo de déficit, a Xunta carecería de fondos para orzamentar a carreira. Esta foi unha das razóns polas que a CIG non asinamos o Acordo de Concertación: porque a carreira profesional non ten garantía orzamentaria.

Sabíano, pero XUNTA, CCOO e UGT asinaron o Acordo de Concertación igual, para vender nas candansúas campaña e... agora que? Queda a carreira no aire? Perigan o resto de medidas do Acordo de concertación? Ante esta situación temos que saber se Galiza realmente cumpriu ou non o obxectivo de déficit que lle marcou o Estado.

Non podemos quedar paradas e a CIG vimos de solicitar unha xuntanza urxente co Conselleiro de Facenda para que nos conte a súa “visión” da situación e resposte a todas estas cuestións. Solicitaremoslle tamén o informe xurídico do acordo e posterior orde que o instrumentaliza para ver as consideracións que facían e se estaban axustadas ao dereito para tratar de aportar solucións ao conflito.