Tamén acudiron os compañeiros do Concello de Celanova que leven varios anos reclamando condicións dignas de traballo. A precariedade chega ata tal punto que o alcalde, propio doutras épocas, lles nega a posibilidade de ter un calendario de traballo anual a pesar de ter varias sentenzas firmes que lle obrigan a elo.
1º de maio de 2011 en OurenseCando rematou a manifestación o Secretario comarcal da CIG de Ourense, Etelvino Blanco, manifestou o erradas que están as políticas que se están a seguir tanto dende o goberno central como dende o da Xunta de Galiza que están a levar a nosa provincia a cotas record de paro con preto de 30.000 compañeiros e compañeiras apuntados nas oficinas do INEM. Ironizou dicindo que o propio presidente Núñez Feijoo, nas súas propias palabras, xa que declarou incompetente para arranxar o problema do desemprego no noso país e cualificou o plan Impulsa da Xunta de Galiza para a nosa provincia como un impulso cara o fondo e un impulso para que os nosos mozos e mozas colleran a maleta e se marcharan a emigración.
Etelvino Blanco tamén criticou o entreguismo das centrais estatais CCOO e UGT que van a asinar unha reforma das pensións que ataca claramente os intereses da clase traballadora. Unha sinatura provocada en grande parte pola falla de autonomía financieira destas organizacións que cambian os dereitos de todos e todas nós por cartos para manter os seus dirixentes, as súas cúpulas e as súas organizacións. Chamou tamén á rebelión ás bases de CCOO e UGT que romperon a unidade sindical para poñerse do lado do goberno e da patronal no momento en que máis os precisaba a clase traballadora.
Agradeceu tamén, en nome da CIG, a asistencia á manifestación dos compañeiros e compañeiros da CGT de Ourense.
Rematou o acto co himno galego e a internacional interrompido bochornosamente polos membros de CCOO e UGT que saíron en manifestación media hora máis tarde e que, con berros e golpes de bombo pretendían que a manifestación se disolvera para deixarlles paso. Foi o único incidente dunha manifestación modélica que logrou convocar case ao dobre de xente que a dos outros dous sindicatos.

Ourense, un de maio de dous mil e once

Fotos: Óscar Pinal