A CIG mantivo unha xuntanza coa secretaría xeral da Consellaría de Traballo e Benestar o mércores 11 de maio. Tratamos os temas da Axencia Galega de Servizos Sociais, as obras na Escola Infantil de Antela, a posíbel privatización da Residencia do Maior do Carballiño e a súa amortización de prazas, a falta de persoal na Residencia Nosa Señora dos Milagres de Cabeza de Vaca (Ourense), a  falta de acúmulos de tarefas en Ourense, a eliminación de talleres para os rapaces do Centro de Menores de Montealegre de Ourense.

A Consellaría amosa a intención de crear un cátering centralizado para cociñar para todos os centros da provincia de Ourense.

No arquivo adxunto podedes ver pormenorizadamente o resumo de dita xuntanza. Podedes descargalo nesta ligazón