A nosa dignidade non é recortable

A Xunta de Persoal e o Comité de Empresa de Servizos Centrais da Xunta de Galicia convocan unha concentración en defensa da dignidade das/os empregadas/os públicas/os

Xoves, 19 de maio

11.00h San Caetano (diante da explanada do edificio dos espellos)

Expresa o teu malestar ante os continuos ataques por parte de distintos membros do Goberno galego e da propia prensa subvencionada contra a nosa figura e o noso traballo. Podes traer o teu propio cartel, chifros, etc.

Ao final do acto tentarase facer entrega dunha carta formal de protesta ao Presidente da Xunta.

Descarga o cartaz da convocatoria