A CIG denuncia e rexeita de forma contundente as medidas que pretende tomar a Consellaría de Educación na nosa provincia, que pasan por unha supresión de postos de  traballo en centros públicos.

A Consellaría quere suprimir dúas prazas de funcionarios da Administración Xeral da Xunta no IES “Taboada Chivite” de Verín, un centro que ten máis de 500 alumnas e alumnos, 70 profesores, e que imparten ESO, Bacharelato e Thas’s English, o que fará que unha soa administrativa xestione centos de matrículas de 3 ensinanzas completamente diferentes, alén do traballo de auxilio administrativo diario do centro.

Neste intre confírmase o desleixo que ten a Consellaría cos funcionarios públicos, aos que calumnia nos medios de comunicación, recorta os seus salarios, suprime os seus postos de traballo e conculca os seus dereitos ao impoñer medidas sen negociación cos representantes legais das traballadoras e traballadores públicos.