Enterro dos Servizos Públicos en Ourense Enterro dos Servizos Públicos en Ourense

A CIG-Autonómica participou na protesta simbólica que se realizou o pasado 17 de outubro na cidade de Ourense.

Rogade a Feijoo en caridade polos servizos públicos que faleceron o ano dous mil e once a consecuencia dunha longa enfermidade de privatizacións, recortes e outros neoliberalismos perniciosos que atacaron os servizos sociais, a sanidade e a educación do defunto.

A comitiva fúnebre pasou por diante dos organismos que enfermaron os servizos públicos: Banco Santander, Banesto, BBVA, Nova Caixa Galicia para rematar nun grande velatorio na Praza Maior de Ourense.