Os veciños das aldeas afectadas levan todo o día colaborando para que o lume non chegue ás súas casas e nestes momentos xa hai un dispositivo considerábel loitando contra as lapas. Pero esta mañá tiveron que enfrontarse ao lume 1 brigada, un axente forestal e unha motobomba. Os medios aéreos non poideron intervir polas condicións meteorolóxicas e un dos membros da brigada resultou ferido.

Non se pode permitir que a neglixencia dos dirixentes políticos da Xunta de Galicia nos aboque a estas situación: hai compañeiros do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais que levan feito xornadas de até 18 horas continuadas na extinción directa e a maior parte do dispositivo que quedou logo do masivo despedimento realizado na segunda quincena de setembro leva duplicando a xornada nas últimas semanas. Montes arrasados, hectáreas e hectáreas de arborado queimadas, aldeas ameazadas, casas ardidas, numerosos compañeiros feridos e o Conselleiro do Medio Rural atrévese a ir ao Parlamento no medio da campaña a dicir que era un bon ano e que ardera pouco. Non teñen vergoña.

Nota remitida aos medios