Nestes días un sindicato amarelo difundíu un libelo sobre os locais sindicais cheo de falsedades e infamias e por iso queremos deixar claro que a CIG é o sindicato máis representativo na Mesa Xeral de Negociación dos empregados públicos da Administración galega. O é tamén na Mesa Sectorial de Funcionarios. E na provincia de Pontevedra é o sindicato maioritario na Xunta de Persoal con 9 delegados de persoal fronte aos 2 que ten CCOO.

Estes indolentes aos que lles pode a molicie non necesitan en realidade nin un metro cadrado, pois hai unha semana que dispomos dos locais e eles aínda non apareceron por aquí. Ao final pasará como en Vigo, onde a CIG é o único sindicato presente, mentras os de CCOO nin aparecen polo local.

Querer substraerse ao criterio da representatividade á hora do reparto dos locais sindicais é facer unha burla aos traballadores. Dispor de local sindical e non usalo é unha burla aos traballadores. Dirixir a súa acción sindical contra a CIG en vez de contra os nosos patróns é unha burla aos traballadores.

Nós xa estamos no novo Edificio administrativo de Pontevedra!

Edificio administrativo de Pontevedra - 1º andar - Locais sindicais - Tlf: 986 805 515         pontevedra@cigadmon.gal