O Consello Confederal do 24 de novembro de 2008 convocou o V Congreso da CIG. De acordo co previsto no Regulamento Precongresual, o Secretario Comarcal da Federación de Admón. Pública de Vigo convoca aos afiliados e afiliadas a:

Debate dos relatorios do congreso:

  •  15 de abril, ás 18 horas, asembleias nas unidades locais de Vigo, O Porriño e Cangas

Calquer afiliado ou afiliada que quera presentar emendas aos relatorios para a sua posterior discusión no congreso debe presentalas e defendelas acudindo á asembleia.
Nos locais do sindicato están dispoñibeis os relatorios do congreso.  Tamén os podes descargar dende o web da Confederación.

Eleición de congresistas:

  •  30 de abril, de 10 a 15 horas, eleición de congresistas

O prazo para a presentación de candidaturas remata 48 horas da asembleia.