Outras informacións e conflitos xerais

O Consello Confederal do 24 de novembro de 2008 convocou o V Congreso da CIG. De acordo co previsto no Regulamento Precongresual, o Secretario Comarcal da Federación de Admón. Pública de Vigo convoca aos afiliados e afiliadas a:

Debate dos relatorios do congreso:

  •  15 de abril, ás 18 horas, asembleias nas unidades locais de Vigo, O Porriño e Cangas

Calquer afiliado ou afiliada que quera presentar emendas aos relatorios para a sua posterior discusión no congreso debe presentalas e defendelas acudindo á asembleia.
Nos locais do sindicato están dispoñibeis os relatorios do congreso.  Tamén os podes descargar dende o web da Confederación.

Eleición de congresistas:

  •  30 de abril, de 10 a 15 horas, eleición de congresistas

O prazo para a presentación de candidaturas remata 48 horas da asembleia.
PROGRAMACIÓN CURSOS INTERADMINISTRATIVO 2009

-Federación ADMINISTRACIÓN-Comarca da Coruña

 

CURSODATA INICIODATA FINALIZ.HORARIODIAS
LINGUAXE ADMIN. GALEGA  NIVEL MEDIO20.04.0911.06.0913:00-15:00 DE LUNS A VENRES
LINGUAXE ADMIN. GALEGA NIVEL SUPERIOR16.09.0911.11.0913:00-15:00 DE LUNS A VENRES
OPPEN OFFICE (1*)28.09.0916.10.0912:30-15:00 DE LUNS A VENRES
DIRECC. DE GRUPOS E TÉCN. DE MEDIACIÓN E NEGOCIACIÓN04.05.0924.05.0917:30-20:00 DE LUNS A XOVES
INTERNET(CORR. ELECTR., LOTUS NOTES, OUTLOOK)04.05.0919.05.0912:30-15:00 DE LUNS A VENRES
PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO01.06.0916.06.0912:30-15:00 DE LUNS A VENRES
LINGUAXE DE SIGNOS I02.11.0903.12.0917:30-19:30DE LUNS A XOVES
CONDUCCIÓN EVASIVA (VEHICULOS PESADOS)27.04.0928.04.0909:00-14:00Luns e Martes
INTELIXENCIA EMOCIONAL02.11.0913.11.0912:00-15:00 DE LUNS A VENRES
DESEÑO DE PÁXINAS WEB (2*)01.10.0929.10.0917:30-20:00 DE LUNS A XOVES
 *1- Para acceder a estes cursos é necesario acreditar coñecementos previos de informática básica ou windows.*2- Para acceder  a estes cursos  é necesario acreditar coñecementos previos en Internet (básicos). SOLICITUDES- PRAZO: ata o 29/05/2009.TÓDO AQUEL CURSO que teña comezo con anterioridade o 29/05/09 o prazo rematará   10 DIAS ANTES DO COMEZO DE CADA CURSO.(As solicitudes recolleranse ata as 15 horas do último día)

Presentar fotocopias: D.N.I, Tarxeta Sanitaria ou MUFACE e copia última nómina.

O número máximo de cursos que se poden solicitar son 4.

  

-LUGAR:

            FORGA, Rosalía de Castro 94 Oleiros ,Tlf: 981-63.97.18  fax: 981-14.15.10

CIG-Adminnistración Alfonso Molina s/n Edificio Sindical 6ª Planta, tlf: 981-16.98.91

Dende a semana pasada a CIG-Autonómica dispón dun novo local sindical no Edificio Administrativo de Pontevedra. Levamos pedindo dispor del dende decembro do pasado ano porque creemos que os delegados sindicais deben estar no centro de traballo xunto cos seus compañeiros. A Administración foi adiando este tema ata que hai unha semana nos instalamos definitivamente aquí sen apenas medios nin teléfono, pero con gañas de empezar esta nova andaina.

Hoxe mércores, día 25 de Marzo, celebráronse as votacións das eleccións sindicais na Fundación Centro Tecnolóxico da Carne, sito no Parque Tecnolóxico no Polígono de San Cibrao das Viñas (Ourense). Iste fundación pertente á Conselleria do Medio Rural. A CIG foi a única central sindical que chegou a presentar candidatura. Os resultados foron os seguintes:

Colexio: Técnicos e administrativos.

Censo electoral: 21 traballadores. (1 delegado/a).

Votos emitidos: 16.

Votos candidatura CIG: 13.

Blancos: 3.

Nulos: 0.

Resultado: O delegado que se elixía foi para a CIG.

 

 

XORNADAS TÉCNICAS DE PREVENCIÓN DE RISCOS EN OURENSE

Duración 10 horas: Repartidas en  dúas tardes de 17 a 21 horas
Sen limite de prazas
Prazo máximo para inscribirse ata 8 días antes do seu comezo.

Nestes tempos convulsos e estreñidos no presente  e  cheos de nubarróns  no futuro, senta coma unha labazada  en toda a cara  o desparrame de recursos  por  parte de calquera  , e non  digamos se tal cousa   ten que ver cas institucións públicas , por unha banda  as primeiras obrigadas a dar exemplo , se non fora  pouco,  por mandato legal  que impón facer un uso adecuado  da carteiriña de todos  que tanto custa encher , tamén  entón, por imperativos  políticos , e estéticos , aquelo de que a muller do Cesar non só ten que ser decente , senón tamén parecelo .

                                      O 23 de marzo abriuse o prazo para a solicitude dos primeiros cursos que a CIG-Administración Pública organiza na comarca de Compostela. O departamento de Formación da CIG elabora, ao abeiro do actual Acordo de Formación Continua nas Administracións Públicas, diferentes accións formativas dirixidas a este colectivo de traballadores/as en activo. Todos os cursos son de carácter gratuíto e terán lugar nos locais de forGA Compostela (Milladoiro),  de luns a venres. As accións formativas comezarán no mes de abril e a súa programación estenderase ata decembro de 2009. Podedes atopar a listaxe de cursos no cartafol de "Formación" da  zona de descargas ou a través do seguinte enlace

Calendario das probas físicas e de agudeza visual na provincia de Pontevedra.

  • Día 30 Marzo: Aspirantes cuxo primeiro apelido comence polas letras A - B - C.
  • Día 31 Marzo: Aspirantes cuxo primeiro apelido comence polas letras D - E - F - G - H - I - J
  • Día 1 Abril: Aspirantes cuxo primeiro apelido comence polas letras K - L - M - N - O - P.
  • Día 2 Abril: Aspirantes cuxo primeiro apelido comence polas letras Q - R -S - T - V - Y - Z.
  • Día 3 Abril: Aspirantes non presentados no seu día con XUSTIFICACIÓN

Os aspirantes deberán acudir á realización da proba, provistos do DNI, dun certificado médico ofical en vigor que acredite a idoneidade para a realización de traballos de prevencion e defensa contra incendios forestais, xunto ao xustificante de estar inscrito nas listas (isto só para aquelas persoas que non aparezcan nas listas e que obrigatoriamente teñan que realizar dita proba).

 O día 31 de marzo de 16:30 a 20:30 celebrarase en Ferrol (no local do Sindicato) unha Xornada sobre Prevención de Riscos Laborais para o persoal de Cociña das Administracións públicas.

Todavía é posible anotarse ó mesmo, chamando ó telefone: 981358750.

Calendairo das probas físicas e de agudeza visual na provincia de Ourense para o persoal das listas de contratación ao abeiro do decreto de listas 37/2006 (SPDCIF e persoal do Pladiga).

 

  • Día 30 Marzo: Aspirantes cuxo primeiro apelido comence polas letras A - B - C.
  • Día 31 Marzo: Aspirantes cuxo primeiro apelido comence polas letras D - E - F - G.
  • Día 1 Abril: Aspirantes cuxo primeiro apelido comence polas letras H - I - J - L - M - N - O.
  • Día 2 Abril: Aspirantes cuxo primeiro apelido comence polas letras P - Q - R.
  • Día 3 Abril: Aspirantes cuxo primeiro apelido comence polas letras S - T - V - Y - Z. 
  • Lugar: Pavillón de Oira.
  • Hora: 08:30.

 

Os aspirantes deberán acudir á realización da proba, provistos do DNI, dun certificado médico oficial en vigor que acredite a idoneidade para a realización de traballos de prevención e defensa contra incendios forestais, e do xustificante de terse inscrito nas listas (só para aqueles que non aparezcan nas listas e que obrigatoriamente teñan que realizar dita proba)