Outras informacións e conflitos xerais

O PP volta a votar en contra da ampliación da duración do contrato de traballo de tres a nove meses do persoal de reforzo do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF).

A Proposición non de lei (Pnl), presentada pola CIG aos grupos Parlamentares o pasado mes de febreiro, foi levaba a debate no Pleno o pasado martes 25 de abril por En Marea, co apoio de PSOE e BNG, e o voto en contra do PP. Varios delegados e delegadas da CIG asistimos convidados ao debate no Pleno.

Durante as intervencións, todos os grupos da oposición defenderon o apoio á Pnl, afondando na necesidade de adaptar o dispositivo do Spdcif ás novas necesidades (novos tipos de lume) e ao novo marco lexislativo que deseñou a Lei de protección civil vixente dende xaneiro de 2016, que situa a este dispositivo como parte do operativo de emerxencias; desaparece entón a motivación inicial de seren contratados exclusivamente para a tempada de alto risco, tanto pola desestacionalización dos lumes como polo feito de que as emerxencias se producen ao longo de todo o ano, non só nos meses de verán.

Sumemos a isto a precariedade a que a administración somete a este colectivo con contratos nos que os ingresos están por debaixo do 75% do salario mínimo interprofesional, e en situación de alegalidade fora do V convenio colectivo ao que o contrato os vencella, feito denunciado pola CIG e avalado por máis de 50 sentenzas en primeira instancia.

Cobertura de prazas non vacantes no Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF) da Xunta de Galiza. Detallamos ditas prazas e a súa ubicación:

Distrito Forestal XVIII. Vigo - Baixo Miño.                                       Distrito Forestal XVIII. Vigo - Baixo Miño.

Código do posto: MR.C99.50.180.36380.041.                                  Código do posto: MR.C99.50.181.36440.056.

Categoría: Emisorista SPDCIF.                                                      Categoría: Bombeiro/a forestal.

Localidade: Base distrito - O Porriño.                                              Localidade: Vigo / Rendondela.

Observacións: 9 meses - non vacante.                                            Observacións: 12 meses - non vacante.

Cúmprense nestas datas cinco anos da creación e posta en funcionamento da AMTEGA, ese monstro creado polo amigo Feijoo cun único fin: contratar os seus servizos a empresas externas.

Aos poucos, a AMTEGA foi apropiándose dos recursos humanos, materiais e económicos que antes dependían das consellerías, para conseguir facer una xestión máis opaca dos recursos e multiplicar os contratos ás empresas amigas. O seu afán devorador non ten límites: o último en caer no seu bandullo foi o CIXTEC, suprimido na disposición adicional quinta  da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación; semella ser insaciable!Pastel da celebración dos 5 anos da AMTEGA

A Xunta ven desatendendo dende hai anos os equipos de valoración da discapacidade (EVO) que son os que determinan o grao de discapacidade das persoas que así o solicitan. A falta de persoal fai que o tempo de espera media dos usuarios sexa de ano e medio ou dous anos.

Ante isto se lle ten reclamado á Administración incrementar os equipos multidisciplinares dos EVO, xa que esta tardanza non ven derivada dun pico de traballo senón que é estrutural o cal implica que se debería incrementar o número de equipos e a creación de postos para axilizar a xestión dos expedientes de incapacidade, creando postos de médicos, psicólogos e traballadores sociais.

A solución da Xunta ante este problema estrutural é poñer un parche, que resulta aínda máis custoso que a contratación de persoal: a través dun convenio de colaboración SERGAS- Consellería de Política Social, ofrece peonadas ao persoal médico do SERGAS para que mediante horas extras faga a tarefa que lle corresponde a estes equipos.

A CIG esixe da Xunta de Galiza o incremento de postos de traballo afectos aos equipos de valoración da discapacidade e non máis parcheos tipos acúmulos de tarefas ou horas extras.

O xoves 13 de abril comeza o período de Alto Risco - no que a loita contra incendios forestais se refire - declarado pola Consellería do Medio Rural.

Como ven a ser costume, ao mesmo tempo que se declara a situación de alto risco por razóns de vento e previsións para os vindeiros días, non se activa ao persoal propio da Administración destinado pola mesma para o período de Alto Risco.

Estes motivos meteorolóxicos levaron á Xunta a suspender todo tipo de queimas de restos agrícolas e forestais, xustificando a toma da decisión logo de analizar os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco do lume.

Ó mesmo tempo piden á cidadanía que extreme as precaucións, é dicir que a situación está catalogada pola propia Xunta a todos os niveis de alto risco de incendio forestal.

Achegamos as adscripcións, comisións e prórrogas (non hai revogacións) deste pasado mes de marzo.

Así a bote pronto a máquinaria comisional xa está a pleno rendemento e as prórrogas (107) xa voltan a superar ás novas comisións (73).

No tema de datas xa temos de novo algunhas escándalosas (unha en Lugo de máis de 4 anos e algunha en Pontevedra que tamén se pasa bastante).

Tamén temos estas carreiras meteóricas na Administración, de xente que pasa dun 14 a un 25 ou dun 20 a un 28; afortunados eles por crer no Sistema.

Cadro con prazas a cubrir mediante adscrición temporal no SPDCIF de Pontevedra:

Nº orde Distrito Forestal Comarca / Localidade Código posto Categoría Observacións
1 XVII. Condado-A Paradanta O Condado MR.C99.50.171.36420.048 Bombeiro forestal 12 meses, vacante
2 XVIII. Vigo-Baixo Miño Base distrito MR.C99.50.180.36380.038 Emisorista 12 meses, vacante
3 XVIII. Vigo-Baixo Miño Vigo / Redondela MR.C99.50.181.36440.049 Bombeiro forestal 12 meses, vacante

Solicitudes a presentar ata o 12 de abril de 2017, dirixidas á Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Rural, facendo constar tódos os méritos, dacordo co disposto no artigo 7.5 do V Convenio Colectivo Único.

Podes contactar coa CIG.

Queremos denunciar, unha vez mais o abandono administrativo e de servizos públicos por parte da Xunta de Galiza na nosa comarca.

Unha comarca tan castigada económica e socialmente como é Ferrolterra, necesita unha verdadeira e profunda atención sociocomunitaria, e uns servizos públicos que faciliten sáidas á profunda crise social que padecen numerosos colectivos; ou cando menos que non empeoren a súa situación con voltas e reviravoltas administrativas, que crean expectativas que non van a ser satisfeitas na realidade.

A Dirección Xeral de Función Pública retoma a súa intención de reordenar/refundir categorías do persoal laboral da Xunta de Galiza, nesta ocasión relativa aos grupos IV e V.

Temos prazo ata o día 12 de abril para presentar alegacións. Convidámosche a que se queres dicir algo ao respecto contactes coa CIG antes dese día. Contactar coa CIG.

Para que non quede no esquecemento, lembramos que este asunto ven de vello: a última proposta relativa a todos os grupos fora do 30/12/2016, e a última relativa só aos grupos IV e V fora o 04/07/2016.

No DOG de hoxe, 3/04/2017, publícanse as bases para a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos, así como a convocatoria destas axudas para o ano 2017.

Estas axudas van dirixidas á cidadanía en xeral (non se trata de axudas de acción social para persoal da Xunta de Galiza).

O prazo de presentación das solicitudes ábrese o martes 4 de abril e remata o 26 de maio

O martes 4 de abril, ábrese o prazo para solicitar a prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos, correspondente a 2017. Novamente, quedan excluídas destas axudas as persoas que o pasado ano presentaran a declaración da renda, aínda sen ter a obriga de facelo.

Poderán ser beneficiarias desta prestación aquelas persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2017 (nados entre o 02-01-2014 e o 01-01-2017, in-cluídos) e que, durante o ano 2015, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentaran de xeito voluntario aínda sen estar obrigadas a facelo.

A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos, na seguinte contía:

  • Cando sexa a primeira crianza: 360 euros.
  • Cando sexa a segunda crianza: 1.200 euros.
  • Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.

O prazo de presentación das solicitudes será de 35 días hábiles, contados a partir do día 4 de abril. Dado que a nova normativa non contabiliza os sábados como hábiles, o último día para presentar a solicitude será o 26 de maio.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñíbel na sede electrónica da Xunta de Galiza (https://sede.xunta.gal).

Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros estabelecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.