Que efectos vai ter a sentenza?

A sentenza supón que o persoal interino, se está baixo a xurisdición dos xulgados do Contencioso-administrativo con sede na Coruña,  poderá acollerse a esta sen­tenza ou, noutro caso, usala como fundamen­to xurídico para conseguir unha sen­tenza idéntica e así poder cobrar os trienios correspondentes aos cinco anos anteriores desde o día en que presente o recurso.

A xeito de exemplo: unha funcionaria reclamará no mes de maio de 2009 os trienios desde maio de 2004 (tope máximo de 5 anos que sinala a sentenza). En realidade estará a reclamar os trienios de 3 anos (de maio de 2004 a maio de 2007), xa que desde esta data xa os paga a súa Consellaría por aplicación do EBEP . Se esta funcionaria tivese traballado 6 anos como interina antes de maio de 2007, estaría a reclamar o valor de 2 trienios durante 36 meses.

Quen pode reclamar?

Calquera persoa que tivese tra­ballado un mínimo de 3 anos (1 trie­nio completo) con anterioridade ao 13 de maio de 2007.

Que hai que facer?

Pasar por calquera local da CIG-Administración Pública e solicitar toda a información precisa.