Desde a CIG queremos manifestar a nosa preocupación pola continua proliferación deste tipo de informacións en forma de globo-sonda, que contribúen ao deterioro da imaxe e da dignidade dos empregados públicos, e demandamos que o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, que nesta altura non convocou a CIG a mesa ningunha para tratar este tema, informe coa maior brevidade sobre a veracidade destas informacións que, por outro lado, baixo termos de difícil concreción no ámbito dos servizos públicos, como "produtividade" ou "avaliación por obxectivos", estarían a abrir a porta descaradamente a un hipotético novo recorte salarial e a unha maior arbitrariedade política no establecemento das retribucións do persoal.


Fonte da nova:

Xornal "Expansión" de 02/05/2012 "Os funcionarios cobrarán parte da súa nómina en función de obxectivos"