• Modificación do EBEP pola que se suspende a forza vinculante de todos os convenios colectivos do persoal das Administracións públicas, permitíndolle ás Administracións Públicas a súa suspensión ou modificación unilateral, co único requisito formal de “informar” ás organizacións sindicais das causas da modificación ou suspensión unilateral (art. 7. do RD-L).
  • Reforma do artigo 48 do EBEP, reducindo o número de días de permiso por asuntos persoais a 3 días ao ano, e eliminando os días adicionais por antigüidade deste permiso (art. 8 do RD-L)
  • Supresión dos días adicionais de vacacións por antigüidade, reducíndose as vacacións a 22 días anuais (art. 8 do RD-L).
  • Recorte das retribucións ao persoal de MUFACE en caso de baixa por incapacidade temporal, limitándose a un 50% as retribucións durante os tres primeiros días de baixa e a un 75% desde o cuarto até o vixésimo primeiro día de baixa (art. 9 do RD-L).

  • Cómpre ter en conta que a Disposición Transitoria Primeira do Real Decreto-Lei 20/2012 dispón o seguinte, respecto da redución de días de vacacións e de permiso por asuntos persoais:

    "O disposto neste Real Decreto-Lei sobre vacacións e días de asuntos particulares, días adicionais aos días de libre disposición ou de similar natureza, non impedirá que o persoal funcionario, estatutario e laboral goce dos días correspondentes ao ano 2012, consonte á normativa vigorante até a entrada en vigor deste Real Decreto-Lei".


    Descarga o Título I do RD-Lei 20/2012, de medidas de reordenación e racionalización das Administracións Públicas

    Descarga o texto íntegro do RD-Lei 20/2012 (web do Boletín Oficial do Estado)



    *Polo seu interese, dado o paralelismo coas medidas deste Real decreto-lei, pódese descargar a recente sentenza 353/2012, do 5 de xullo, do Tribunal Constitucional da República Portuguesa, pola que se declarou a inconstitucionalidade do recorte das pagas extraordinarias ao persoal do sector público e aos pensionistas.