O goberno recoñeceu que o diñeiro destinado aos intereses bancarios é o gasto máis relevante do Estado, mesmo por enriba dos custos de persoal. Ou dito doutra forma, os bancos lévanse na súa usura tanto como todos os empregados públicos do Estado xuntos, coa diferenza de que os empregados públicos van todos os días a traballar e os bancos non deben facer nada para recibir ese diñero. Cando alguén nos lembre o estereotipo do empregado público que se escaquea quince minutos para o café a costa do orzamento público, debemos lembrarlle que os bancos levan o mesmo diñeiro ou máis que todos os empregados públicos (administrativos, médicos, maestros, policías, bombeiros...) pero "tomando café" de forma constante porque nunca deben traballar para o Estado para recibir o soldo. Eses mesmos bancos que expulsaron da súa vivenda a 46.559 familias en tres meses de 2012 por non pagar a hipoteca - cada día 510 familias van á rúa no conxunto do Estado porque son desafiuzadas polas entidades financeiras. Moitos cidadáns indignados berran “o próximo parado que sexa un deputado”, pero se fose un banqueiro sería moito máis rendíbel.
A cifra dos intereses bancarios vén a ser uns mil euros que cada cidadán adulto deberá pagar o próximo ano aos bancos, e non en concepto de capital, senón só en intereses.
Xa que, segundo os datos do Gobierno, o gasto dos ministerios reducirase un 12,2% o próximo ano até os 31.057 millóns de euros, todo ese aforro será tragado enteiro polo bancos cos seus intereses. O Goberno tamén precisou que o desequilibrio orzamentario é de 40.778 millóns, é dicir, unha cantidade moi preto dos 39.000 millóns que deberemos darlle aos bancos. De modo que xa estaremos a gastar tanto como ingresamos senón fose polos intereses bancarios. Así o ano que vén deberemos voltar a pedir prestado para pagar os intereses e a roda da transferencia do noso diñeiro ás contas de resultados da banca privada seguirá funcionando.
En conclusión, que a única crise que existe é que os bancos están a apañar o noso diñeiro.


Fonte:
http://www.pascualserrano.net - O destino do diñeiro dos recortes