A convocatoria, da Mesa, como vén sendo habitual foi remitida aos sindicatos sen documentación previa para poder analizar en profundidade o contido deste capitulo dos Orzamentos e valorar en toda a súa extensión o impacto que terán tanto nas condicións salariais e laborais do persoal como no propio funcionamento e mantemento dos servizos públicos. Este método impositivo e escurantista imposibilita presentar alternativas nin negociar ningúns dos aspectos tratados. Trátase dun trámite máis que o Goberno ten que cumprir porque así lle obriga a lei.

Segundo os datos presentados, o persoal das administracións recuperarán a paga extraordinaria de nadal para o vindeiro 2013. Porén, o Goberno do PP mantén a conxelación salarial, sen dar posibilidade á actualización da perda do poder adquisitivo acumulada dende 2009. Neste senso, compre lembrar que tan só neste ano, os empregados e empregadas públicas perderon case o 10% da súa capacidade adquisitiva (por mor da supresión da paga extraordinaria de nadal, que supón unha baixada do 7%, unida á suba do IPC, situado a remate de agosto no 2,7%). Así mesmo, mantense a prohibición de facer achegas a fondos ou plans de pensión ou previsión.

Respecto da taxa de reposición,  esta mantense nun 0% para todo o sector público, agás en determinados sectores básicos, como Educación e Sanidade, onde será de até un 10%, ao igual que para os Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, Forzas Armadas e corpos de loita contra a fraude fiscal. Non obstante, segundo se informou na Mesa, non se producirán contratacións de persoal eventual ou interinos/as, excepto naqueles casos inaprazábeis en sectores prioritarios ou que afecten a servizos públicos esenciais, mais coa autorización previa correspondente.

Esta decisión está tendo graves consecuencias para os servizos públicos e para o seu mantemento, provocando o colapso da administración e dos servizos públicos, que xa están comenzando a verse incapaces de atender ás demandas da cidadanía por falta de persoal.

Desde a CIG, como denunciamos en múltiples ocasións, advertimos que tras desta medida agóchase a decisión do PP de ir adelgazando a administración, que non é outra cousa que abocar ao peche a certos servizos públicos porque non será posíbel atendelos e favorecer a privatizacións dos que sexan máis rendíbeis.


Táboa cos recortes salarias dos últimos anos

Elaborada a partir de datos do INE e dos orzamentos xerais do Estado desde o ano 2002.

ANO

IPC GALIZA

IPC ESTADO

SUBA SALARIAL

DIF GALIZA

DIF ESTADO

2002

3,8%

3,5%

2%

-1,8%

-1,5%

2003

3,1%

3,0%

2%

-1,1%

-1%

2004

3,0%

3,0%

2,7%

-0,3%

-0,3%

2005

3,4%

3,4%

2,6%

-0,8%

-0,8%

2006

3,5%

3,5%

2%

-1,5%

-1,5%

2007

5,3%

4,9%

2%

-3,3%

-2,9%

2008

2,1%

2,1%

2%

-0,1%

-0,1%

2009

2,6%

2,1%

2%

-0,6%

-0,1%

2010

4,5%

,0%

-5%

-9,5%

-9,0%

2011

3,6%

3,1%

0%

-3,6%

-3,1%

2012

2,6%

2.7%

-7,2%

-9,8%

-9,9%

TOTAL

37,5%

35,9%

5,1%

-32,4%

-30,2%