O motivo declarado polo PP, segundo se informa na prensa, sería o de evitar o "absentismo" dos empregados públicos: en realidade, estaríamos ante un novo recorte salarial e de dereitos, que procura ademais denigrar a imaxe dos servidores públicos, perseguindo a ocultación ante a opinión pública dos verdadeiros motivos e causantes da crise económica.

Este anuncio coincide temporalmente coa aprobación do real decreto de despidos colectivos nas Administracións Públicas, marcando con meridiana claridade a liña política e económica que pretende continuar o Goberno nos vindeiros meses e contra a que, desde a CIG-Autonómica, convocamos a todo os empregamos públicos a loitar na vindeira folga xeral do 14 de novembro.

Fonte: "La Voz de Galicia"

Ver emenda nº 2.668 publicada no BOLETÍN OFICIAL DAS CORTES GENERALES - CONGRESO DOS DIPUTADOS Serie A Núm. 27-7 29 de outubro de 2012 Páx. 1726