O goberno de Feijoo, que leva meses vanagloriándose de cumprir os obxectivos de estabilidade orzamentaria e de contención do déficit para este ano, sendo inferior ao 1,5%, non fai máis que MENTIR unha vez máis.

Se mañán o goberno do PP nos vai informar dun recorte desta magnitude, hoxe non podemos permanecer pasivos e temos que demostrarlle que con iso atravaserarían a liña vermella dunha confrontación social pronunciada.

Os empregados/as públicos/as temos que dar HOXE unha resposta contundente para frear esta agresión que retrae os nosos salarios en casi un 30% nestes 4 últimos anos.

Se xa tiñamos motivos dabondo agora é a hora de que NINGUÉN SE QUEDE PASMADO. Hai que mostrar unha oposición activa na defensa dos nosos salarios, dos nosos postos de traballo e dos servizos públicos.

HAI QUE MOBILIZARSE ANTES DE QUE ISTO SEXA REALIDADE

NON AO RECORTE DE FEIJOO!!!

Unha vez máis os empregados/as públicos podemos ser as víctimas dos recortes que prepara Feijoo para os Orzamentos Xerais do 2013.

O venres 21 está convocada unha reunión da Mesa Xeral de Negociación dos empregados públicos ás 13:45 na EGAP (Compostela) onde o goberno vainos dar conta do Capítulo I dos Orzamentos Xerais.