Na Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos do venres 21 de decembro, os responsábeis políticos do PP na Administración de Galiza expuseron a súa decisión respecto ás retribucións dos empregados e empregadas públicas para o ano 2013, consistente na retirada do complemento específico nas dúas pagas extras, e cantidade equivalente para o persoal laboral.

Esta parte fundamental das nosas retribucións anda entre 300 e 1.500 euros, segundo o nivel, duas veces ao ano. Suporá unha redución do 4% respecto do conxunto da mesa salarial. Segundo o PP, a redución total será do 6,5% correspondendo un 2,5% a reducións conseguidas en aplicación da Lei de Medidas.

A estas horas, 15:00 horas, os delegados e delegadas sindicais seguen a estar concentrados na EGAP, pechados cos representantes da Administración reclamando que veña Feijóo. Como supoñemos que non virá, agardamos o desaloxo policial. Máis información ao longo do día.