Atribueselle a María Antonieta a frase "se non hai pan que coman pasteis", típica bondade de ignorante valeira de contido, igualiño ao manifestado polo noso presidente Feijóo que ven dicir que "se teñen problemas, que pidan un anticipo", o que non soluciona nada e sitúa a imaxe do presidente fora da realidade social.

Esto é o que ven a ser o acordo do Consello da Xunta polo que anuncian que no 2013 recoñecen o esforzo dos empregados públicos permitíndonos solicitar un adianto do 50% da extra do verán.

Os anticipos xa están recoñecidos para o persoal funcionario, e para o persoal laboral existe o dereito ao anticipo en nómina de dous meses recollido no artigo 37 do Convenio. Non nos satisface, non nos compensa nada, e seguimos vendo como minguan as nosas nóminas e os nosos dereitos. Que non nos vendan contos, como a suba do 3% ou a progresividade dunha medida que nen se atreven a defender frontalmente e xustifican con argucias: nin nos suben o 3% (son recortes de arredor do 4%), nin é progresiva (en niveis mínimos recortan proporcionalmente máis a un subalterno co 4,89% que a un corpo superior co 3,51%), nin a posibilidade de pedir un anticipo supón un regalo de Feijoo, senón un dereito xa recoñecido que non contribúe a mellorar a nosa situación.