Nesta nota de prensa vense facer fincapé en que a metade dos empregados públicos da Xunta de Galicia teñen salarios que non acadan os 1.000€/mes. Resulta inmoral que persoas  que gañan máis de 60.000€/ano falen de conxelación salarial para as rentas do traballo máis baixas, mentres que acordan unha suba salarial de 3.000€/ano para as novas figuras das “xefaturas territoriais” e seguen máis empeñadas en manter o plus dos altos cargos que o galego na administración autonómica. Resulta igualmente inmoral que se fale de austeridade cando se están a desviar cartos para aumentar o persoal da administración paralela e a despifarrar a través de contratos con multinacionais estranxeiras (Microsoft, 4 millóns €), en lugar de apostar polo software libre.

Por outra banda, esta atitude de conxelación  en época de crise contrasta coa merma salarial en época de bonaza. E asi durante os anos de crecemento económico, mentres nos convenios colectivos da empresa privada se pactaban cláusulas de revisión salarial que chegaban ao 4% (igualando ao IPC), nas Administración Públicas se mantiña  una suba constante do 2%, sempre por debaixo do IPC.  Esta atitude fixo que a perda de poder adquisitivo dos empregados públicos que comezou nos anos 90 alcance actualmente o 25% e, con medidas como a conxelación salarial, non teña visos de diminuír.

Dende a CIG-Autonómica invitamos ao goberno galego a que reconsidere a situación e a que tome medidas realmente efectivas contra a crise (moderación da administración paralela, redución dos nomeamentos políticos, control de gastos  correntes...) e non só medidas “populares” aforrando nos salarios das persoas traballadoras máis sensibles.

Descarga a nota de prensa sobre a conxelación salarial. 24/08/2010.

Descarga o escrito dirixido á conselleira de Facenda sobre a conxelación salarial. 06/08/2010.

cartaz conxelación salarial

Descarga o cartaz contra a proposta de conxelación salarial para o 2010.