Realmente, aínda que se aplica unha dobre retención nos recibos xustificativos; no apartado de descontos, descóntase tan só a parte líquida do adianto (e non da bruta que debera corresponder), compensando así indirectamente o importe retido en xaneiro. A conclusión é que ao final o líquido a cobrar é o mesmo con adianto ou sen adianto. O problema é que a información reflectida na nómina é confusa e contraditoria ao non aparecer de forma xustificada as compensación feitas internamente.

A CIG vén de entregar un escrito no que reclama a Función Pública e ao CIXTEC aclaracións sobre esta situación para que as persoas empregadas públicas teñan información clara e transparente sobre as retencións aplicadas no anticipo de nómina e na paga extra de verán.

Poucos días despois o CIXTEC vén de emitir o seguinte documento aclaratorio.