As consecuencias son moitas:

  • Redución de postos fixos.
  • Non cobertura mediante persoal temporal.
  • Incremento das cargas de traballo.
  • Aumento dos tempos de tramitación das solicitudes e resolucións.
  • Diminución dos efectivos que atenden aos cidadáns.
  • Nalgúns casos, o emprego público será substituido por emprego privado.

No 2013 tivemos exemplos abondos de privatizacións (comedores escolares, servizos informáticos, extinción de incendios, ...), pero o máis curioso foi o da Intervención Xeral da Seguridade Social. Este órgano da Administración do Estado sufriu unha redución de efectivos de tal maneira que chegaron ao punto en que o Ministerio de Emprego e Seguridade Social publicou unha Orde na que “xustifica a contratación con empresas privadas de auditoría” por “insuficiencia de medios”.

Na Administración de Galiza tamén o vemos continuamente. Por poñer dous exemplos, están en trámite as relacións de postos de traballo das consellarías de Medio Ambiente e de Presidencia. Na primeira amortizan un importante número de postos (50), pero non lles chegan, polo que xa nos anunciaron que están pendentes da resolución dos concursos de traslados para amortizar as prazas vacantes da primeira fase retirandoas da fase de resultas. Na segunda consellaría eliminan máis de 100 prazas, moitas delas ocupadas con persoal temporal que irá á rúa.

Máis consecuencias desta política de eliminación de traballo público foron o incremento das horas de traballo semanal (programa kronos), a non compensación mediante tempo de descanso das horas extras, a redución dos días de permiso, .. Todo xunto suma para incrementar a carga a uns/unhas e o despedimento de outros/as.

 

Conxelación salarial

Sendo norma básica no estado, o goberno de Rajoy obriga a todas as empregadas e empregados públicos a que no 2014 non poidan ver incrementadas as súas retribucións.

Recoñecemos as circunstancias de crise, pero non as aceptamos: nosoutros non nos levamos o diñeiro roubado, non nos beneficiamos das vacas gordas, levamos dúas décadas perdendo poder adquisitivo, vai ser unha nova conxelación sobre a redución do 2010, pasan continuamente por diante do noso fouciño as contratacións millonarias con empresas privadas (inclusives as campañas de propaganda nos medios de comunicación), e porque non poden pedirnos a nosa bendición cando utilizan o diñeiro dos cidadáns para rescatar bancos e especuladores.

 

Feijoo o austero

Se este é o panorama imposto polo goberno de Rajoy, en Galiza o goberno de Feijoo da un paso ao fronte: cínicamente se atreve a anunciar na prensa, por se cola, que no 2014 non nos van recortar máis, esquecendo que no noso País, a diferenza doutras administracións, estamos a soportar un plus de “austeridade” pois a nosoutros si nos retiraron unha parte da paga extra no 2013, algo que non ocorreu, por exemplo, na administración do estado.

No 2012 (campaña eleitoral) dixera o señor Presidente da Xunta que "Yo a los funcionarios no les voy a pedir más esfuerzos desde el punto de vista retributivo. Ya han hecho bastante" . Pero nos orzamentos do 2013 meteu o condicionante de que (segundo cálculos) non recuperaríamos a extra ata o 2019 ou 2020.

Non aceptaron, sequera, unha emenda que garantizaba que no caso de producirse algún recorte no estado, o recorte de Galiza quedaría compensado en vez de sumar os dous recortes.

 

Resposta

O panorama non é bo. Teñen o poder que lles deron os cidadáns cos seus votos e que lles permite lexislar con maiorías absolutas e executar as normas que eles deciden.

Pero ese poder das maiorías non impide que manteñamos o noso dereito a protestar, patalexar, berrar, denunciar, informar.. Teranos en frente.