Non parece sensato que ningunha organización sindical, utilice para unha campaña de afiliación, o sistema de reclamacións previas á vía xurisdiccional laboral, cando isto pode ser obxecto de conflito colectivo, que supón que as reclamacións individuais van quedar paralizadas ata que se resolva, e que ademais é máis xusto pois as consecuencias serán para todo o persoal laboral da Xunta. E hai que ter en conta que se a reclamación individual se perde, aínda que se gañe o conflito colectivo, os reclamantes non van poder acollerse aos efectos positivos da sentenza, polo que non cobrarían a extra, mentres o resto do persoal laboral si.

Ao igual que no caso do persoal funcionario, a CIG, e a Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos, garanten que non é necesario recurrir a ningún tipo de reclamación individual, cando tanto contenciosos como conflitos coletivos, exploran todas as vía xudiciais.