As consecuencias da presentación deste conflito son a suspensión de todas as demandas individuais iniciadas ou presentadas ata o momento e á espera de que se resolva o conflito colectivo.

O obxectivo último desta estratexia xurídico-sindical é:

  • darlle cobertura a todo o persoal da Xunta de Galicia, estendendo a todos eles a restitución dos seus dereitos, esixindo, as contías detraídas como paga extra no ano 2013, tanto funcionarios/as como laborais, así como a parte devengada indebidamente retirada, e non aboada, no 2012.
  • evitar as reclamacións individuais, tanto polo custo económico que supoñen, como polo efecto negativo que poderían ter para os propios reclamantes, así como para tódolos demais traballadores/as ao considerarse cousa xulgada.
  • explorar outras iniciativas sindicais para reverter os recortes do persoal laboral e funcionario da Xunta.

RECUPERACIÓN DA PAGA EXTRAORDINARIA DO 2012

1.- No caso do persoal laboral, como resposta ao Conflito Colectivo presentado conxuntamente polas catro centrais sindicais (CIG, CC.OO, UGT e CSI•F) o TSXG ven de recoñecer, mediante sentenza do 4 de outubro de 2013, o dereito á percepción da parte proporcional da paga extraordinaria do mes de decembro de 2012, polo período comprendido entre o 1 de xullo e o 14 de xullo. Estamos pendentes de que o Director Xeral da Función Pública nos reciba a fin de determinar si o a Administración vai acatar a sentenza voluntariamente ou, pola contra manter o Recurso de Casación presentado contra da mesma. Neste último caso o único que conseguirían sería dilatar a devolución das percepcións retiradas indebidamente.

2.- No caso do persoal funcionario, está pendente da resolución dos tribunais do contencioso-administrativo. No caso de ser favorable, quedaría establecido un criterio de xeral aplicación por parte dos tribunais, a todos os afectados.