O 25 de outubro a sala do social do TSXG ditou sentenza en relación ao Conflito colectivo sobre o dereito ao abono da paga extra de decembro de 2012 ao persoal laboral da Xunta de Galiza. Non foi dentro do que esperábamos, pero estimouse parcialmente nos termos en que o persoal laboral terán o dereito a percibir a parte proporcional da paga extraordinaria correspondente aos días traballados do 1 ata o 14 de xullo de 2012, xa que o Tribunal determina que o RDL 20/2012, que entrou en vigor o 15 de xullo de 2012, non se pode aplicar retroactivamente.

Desde entón a Xunta garda silencio: nin sabemos se vai recorrer en casación, se pensa executala (e cando) ou se pensa ignorala, obrigando con iso a ter que solicitar a execución de sentenza a título individual. As 4 organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral solicitamos formalmente, e con carácter de urxencia, ao director xeral de Función Pública un pronunciamento sobre o que pretende facer a Xunta de Galiza. En boa lóxica solicitamos a excución inmediata e a aplicación subsidiaria ao persoal funcionario xa que é moi probable que as sentenzas do contencioso vaian no mesmo sentido que as do persoal laboral. De non facelo, a Xunta se enfrontará xudicialmente a unha multitude de solicitudes de execución da sentenza, co gasto que isto lle podería ocasionar.