Xa que logo, temos unha Orde de instrucción de nóminas que non incluíu esta excepcionalidase, a pesar de que, por outro, lado temos un ano 2014 no que a Administración tiña previsto que habería vairas tomas de posesión (concurso xeral, especial, informática e finanzas). Dada a xerarquía normativa, o Decreto manda por riba da Orde.

E que facer agora? Dado que isto podería xerar un montón de recursos que de non ser resoltos no sentido das expectativas dos recorrentes remataría en contenciosos, co custe que iso supón, tanto para os demandantes como para a Administración, deberíase remediar esta situación aplicando a literalidade do disposto no Decreto 93/1991 canto antes sexa posible.

Por isa razón, vimos de transmitirlle todo o anterior ao director xeral de Función Pública. Houbo total aceptación e vai transmitir a nosa consideración á Intervención Xeral xunto co noso escrito, advertindo a contradición entre a Orde de confección de nóminas e o Decreto de provisión. Por parte de Función Pública non hai moito máis pois a competencia sobre este tipo de cuestión recae na Intervención Xeral.

Entendemos que aínda que non poida haber un reflexo inmediato na nómina de abril, as diferenzas salarias polo cambio de posto deberan ser normalizadas na nómina de maio.