O mártes 11 de novembro tivemos unha xuntanza entre representantes da Administración e o Comité Intercentros do persoal laboral, para tratar a Orde pola que se ditan normas relativas ao recoñecemento do complemento salarial de antigüidade ao persoal laboral temporal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galiza.

Por unanimidade, acordouse informar favorablemente esta Orde que recoñecerá os servizos prestados en calqueira administración pública a efectos do cómputo para o recoñecemento de trienios do persoal laboral.

A Orde, á que inda lle falta informe da asesoría xurídica, publicarase posiblemente antes do remate do ano e entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación e con efectos retroactivos de un ano para atrás.

A CIG e as demáis organizacións sindicais coinciden co disposto nesta Orde pero denuncian o excesivo retraso na súa regulación cando xa vai moito tempo da directiva europea 1999/70 e piden a celeridade na súa tramitación e entrada en vigor. A Administración recoñece esta tardanza e asume a súa responsabilidade.