Pero este xeito cínico de presentar os recortes como algo atenuado non é casual. SABEN QUE TEÑEN PERDIDO O VOTO DAS/OS EMPREGADAS/OS PÚBLICAS/OS e queren recuperalo.
Para eles é moi importante pois as enquisas tanto para as eleccións locais de maio de 2015, onde perden en todas as grandes cidades, retrocedendo moito onde hai unha maior proporción de empregadas/os públicas/os, como para as Xerais do 2015 e as Autonómicas do 2016 os colocan fora dos ámbitos de poder.

As mobilizacións destes anos VALERON para contribuír a formar un polo contra as políticas de recortes, para que ningún empregado/a público/a asuma xa pasivamente os recortes, para axudar a saber que non contan co respaldo dun sector importante da poboación galega e que non lles vai ser fácil recuperar, nin sequera nos votantes tradicionais.

Agora perciben que a mobilización dos empregados/as públicos/as contribuíu a modelar un cambio político emerxente na sociedade. Por iso é importante que non nos creamos as súas mentiras, que revelemos os seus eufemismos. Non nos van pisar.