O día 6 de xullo de 2016 ven de publicarse no DOG a LEI 7/2016, do 1 de xullo, pola que se aproba unha retribución de carácter extraordinario para os empregados do sector público autonómico de Galicia, en concepto de recuperación dos importes efectivamente deixados de percibir de acordo coa Lei 2/2013, do 27 de febreiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013, na parte proporcional ao tempo de servizos prestados no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 28 de febreiro de 2013.

Na exposición de motivos da devandita lei contanos moi craramente o relato da perda e posterior recuperación da famosa extra do 2013:

  1. Ca lei 2/2013 do 27 de febreiro a Administración aproba unha reducción do complemento específico anual equivalente á suma das pagas adicionais correspondentes aos meses de xuño e decembro. Lei que se fai extensible no tempo ata o día de hoxe.
  2. O Tribunal Supremo confirmou neste ano a sentenza ditada no seu día en procedemento de conflito colectivo pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na que se declarou o dereito do persoal laboral sometido ao V Convenio colectivo único a percibir a paga adicional de xuño de 2013 na parte proporcional á prestación de servizos desde o 1 de xaneiro de 2013 ata o 28 de febreiro de 2013.
  3. A Administración asina un acordo acadado coas organizacións sindicais CCOO, CSIF e UGT. Na súa virtude, as partes acordaron a reposición do complemento específico ou concepto equivalente nas pagas extraordinarias a partir do 1 de xaneiro de 2017 e o pago da parte proporcional ao tempo de servizos prestados no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 28 de febreiro de 2013.

Como cada un fala da feira como lle vai nela hai que dicir que nesta exposición de motivos ou “conto” dos feitos non se mencionan en ningún momento:

  1. Que QUEN presentou o conflio colectivo polo que o Tribunal Supremo confirma que nos corresponde a parte proporcional desde o 1 de xaneiro ata o 28 de febreiro de 2013 FOI A CIG.
  2. Que QUEN se fartou de presentar demandas individuais reclamando o que é noso e gañando unha a unha FORON AFILIAD@S DA CIG
  3. Que a Adminisstración asina acordos con CCOO, CSIF e UGT porque ten que acatar o que A CIG DEFENDEU perante un xuiz presentando o conflito colectivo e sucesivas demandas.

Diríase que a Administración lle está a facer a campaña a CCOO, CSIF e UGT pero…. eleccións sindicais non hai ata dentro de tres anos ¿non?. Ahhhhh pero sí que hai eleccións autonómicas. Será entón que CCOO, CSIF e UGT lle están a facer a campaña ó PP?