Está ben que a Administración pague ao seu persoal as cantidades comprometidas polo goberno. Pero esa boa nova non comprace as demandas da CIG:

  • O IPC galego do ano 2016 foi do 1,6%
  • En xuño do 2017, o IPC galego interanual era do 1,6%

(datos o Instituto Galego de Estatística)

Collamos o dato que collamos, un incremento do 1% é unha nova perda de poder adquisitivo que afonda aínda máis na enorme perda que as empregadas e empregados públicos levamos acumulando ano tras ano.

Así que, Sr. Presidente da Xunta, lembrámoslle o Plan de renegociación da débeda salarial contraída pola Xunta co seu persoal que a CIG xa lle presentou fai anos e que para nós segue vixente. Como xa lle dixemos no escrito que lle remitimos, esta organización sindical estaría disposta a dar todo tipo de facilitades no relativo aos prazos e aos conceptos, actuando de xeito flexíble, de cara a que a parte debedora poida satisfacer as súas débedas coas empregadas e empregados públicos.