Co acordo asinado por CCOO, UGT e CSIF en Madrid pasa o mesmo. Antes de negociar e asinar o acordo tanto o Goberno como estes “sindicatos” xa sabían cales eran as previsións institucionais sobre as cifras macroeconómicas. E decidiron poñer como condición para cobrar parte da suba salarial condicións máis agravadas que as previsións:

  • Onde se establece como variable o crecemento, por exemplo do PIB, eles establecen que para cobrar hai que estar por riba das previsións.

  • Cando se establece como variable a redución, neste caso do déficit, eles fixan que para cobrar hai que estar por baixo das previsións do Goberno.

Lembremos que dos tres conceptos que están implicados na suba salarial e que afectarían por igual a todo o persoal público, dous están condicionados.

Eses tres conceptos son:

  1. Incremento fixo
  2. Incremento variable ligado ao PIB
  3. Extra do 0,55% no 2021 ligado á estabilidade orzamentaria

(Non consideramos os fondos adicionais dentro dos conceptos de suba salarial, porque como xa explicamos poden ser destinados a fondos de accións social, melloras de diversos colectivos ou situacións, ou detraidas esas cantidades como fondo de pensións, polo que non van a repercutir sobre todo o persoal nin van ter carácter xeral)

O primeiro é o único elemento non condicionado.

En relación aos outros dous temos o seguinte:

INCREMENTO VARIABLE LIGADO AO PIB 

Está ligado ao incremento do PIB no ano anterior do seguinte xeito:

 

CONDICIÓN PARA COBRAR O TOTAL DO INCREMENTO VARIABLE

PREVISIÓN DO BANCO DE ESPAÑA

2019

Si PIB 2018 > 2,5%

2,4%

2020

Si PIB 2019 > 2,5%

2,1%



No ano 2018 a condición é que o PIB tería que ter medrado un 3,1% no 2017. Como isto xa sucedeu é o único caso en que a parte variable se vai cobrar integra.

E canto medrará nos anos seguintes? Pois segundo as previsións do Banco de España a decembro de 2017:

Taxas de variación anual (%) 2016 Proxeccións de decembro de 2017
2017 2018 2019 2020
PIB 3,3 3,1 2,4 2,1 2,1
Emprego 3,0 2,9 2,3 1,7 1,6
IPC (inflación) -0,2 2,0 1,5 1,4 1,7

Data de peche das proxeccións: 30/11/2017
Banco de España - Eurosistema
Dirección General de Economía y Estadística

Tampouco o cadro macro do Goberno é moito máis esperanzador, establecendo un 2,3% de incremento do PIB para 2018, por debaixo incluso do Banco de España.

Por tanto, CONDICIÓN IMPROBABLE para cobrar o total do incremento variable.

 

EXTRA DO 0,55% NO 2021, ligado á estabilidade orzamentaria

Este é un incremento adicional condicionado a que se cumpran os obxectivos de estabilidade orzamentaria no ano 2020, en concreto o obxectivo de DÉFICIT CERO no 2020 tal e como establece o Goberno.

Pois ben, a Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal, AIReF, organismo creado polo propio Goberno dinos que as previsións están lonxe de se cumprir e que o déficit vai estar en torno ao 2%.

 

Como vemos as dúas son CONDICIÓNS IMPROBABLES. Aínda así, ánimo, porque vai ser máis doado que unha equipa galega gañe a Liga!!