1) Que esa reclamación ten que ser feita de maneira "fehaciente" ou sexa por burofax, carta certificada, etc... non lles serve que che envíen unha carta automatizada que normalmente chega 15 días despois de que teñas xa saneada a conta. Normalmente as entidades cobran unha media de 30 euros por dita reclamación, que en teoría serían para pagar os gastos do burofax ou sistema semellante

2) O Banco de España considera o cobro deste concepto como unha mala práctica bancaria.

Podedes reclamar primeiro de palabra na vosa oficina, se non vos fan caso, facédeo no servizo de atención do cliente (SAC) e levades un escrito explicando o tema e con copias dos movementos e cargos, e que vos poñan un selo na vosa oficina bancaria. Non o fagades no "defensor do cliente", xa que esas queixas logo non quedan rexistradas no Banco de España, e no SAC si quedan polo que lles vai doer máis.

Se en 2 meses non resolven entón temos que reclamar ante o Banco de España (BDE) e nos darán a razón.

Podedes consultar a procedemento aquí (concretamente na páxina 80).

Agardamos que esto vos poida ser de utilidade a todos os compañeiros e compañeiras e evitar que os bancos e caixas nos rouben un pouquiño menos.