• Xefes de Servizo (Libre Designación)
  • Habilitados de Persoal (Libre Designación)
  • Secretarios de altos cargos (Libre Designación)

Nós temos que pagarlles a eles: o 10% convértese en diezmo. Un 10% que nos detraen para darllo a quen eles nomearon!!!

A CIG propuxo que estes cartos, o 10% restante do 1,75% da masa salarial, se asigne a igualar os trienios de todos os funcionarios e laborais aos do Grupo A a través dun novo complemento, e ao complemento de funcións de 179 laborais que non o teñen. Ao noso entender, a antigüidade, é un concepto retribuíble independente do Grupo ou do posto.

Pero a deriva de Función Pública cara ao bandoleirismo e a piratería é cada vez máis evidente: nas últimas semanas a farisaica Rodríguez propuxo crear unha indemnización para os ex-altos cargos mentres o seu amo Romeu anunciaba unha reducción de efectivos para asumir as mesmas tarefas entre menos traballadores sen incrementos salariais. E para rematar a faena preparan un asalto aos nosos salarios negándonos o 10%.

Estes próceres de feira de conducta inmoral non se avergoñan de meter a man no teu peto para pagar regalías prometidas; non dubidan un ápice en empregar os teus cartos para mercar fidelidades; non se ruborizan ante a súa baixeza.

A ti, traballador/a da Xunta, a quen a túa dignidade impide deixar pasar este feito sen levantar a voz, únete a nós para, xunto coa CIG, facerlles fronte e ser martelo e terror de falsarios.

O 10% PARA OS TRIENIOS!!!