Retribucións

En resposta á denuncia da CIG ante a Tesourería Xeral da Seguridade Social a Consellería do Medio Rural e do Mar ven de recoñecer que a cotización do persoal laboral fixo-discontínuo do SPDCIF (servizo público de defensa contra incendios forestais de Galiza), nos anos  2011, 2012 e 2013 no era correcto (o que afecta ás baixas e pensións), polo que a partires do mes de febreiro vai iniciar as actuacións correspondentes para a regularización deste erro. Esto é:

- A cotización complementaria que en cada caso proceda ao respecto aos meses que cotizou por unha base menor da que correspondería aos anos 2011,2012 e 2013.

- A actualización das bases de cotización dos traballadores afectados que neste mes de febreiro continúen prestando servizos no mesmo posto sen interrupcións desde a entrada en vigor do R.D. 8/2010, de 20 de maio.

1. Que estratexia seguimos até agora?

O persoal estatutario e funcionario, contrariamente ao laboral, non pode presentar demanda de conflito colectivo. En contrapartida, o prazo de prescrición das súas reclamacións é de cinco anos (catro para o persoal funcionario da Administración do Estado), fronte ao ano das/dos laborais.

A estratexia pactada polas catro centrais sindicais (CIG, UGT, CCOO e CSIF) foi presentar moi poucas demandas, a modo de sondaxe, en diferentes xulgados do contencioso-administrativo, coa finalidade de ir fixando un criterio xudicial, minimizando o risco de condenas en custas en caso de que as sentenzas fosen desfavorábeis.

A conselleira de Facenda, Elena Muñoz, comunicou ás organizacións sindicais que a Xunta de Galiza non pagará a parte da paga extra de 2012 non abonada indebidamente ás empregadas e empregados públicos mentres non dite sentenza o Tribunal Constitucional. As organizacións sindicais con representación na Mesa Xeral de Función Pública de Galiza xa anunciaron, antes de comezar a xuntanza, que de non haber unha resposta favorábel avaliarían, de inmediato, as accións a pór en marcha.
 
A xuntanza coa conselleira celebrouse a petición das organizacións sindicais con representación na Mesa Xeral da Función Pública. Unha xuntanza que xa tiñan solicitado co director xeral da función pública desde novembro de 2013 e para a que non obtiveran resposta algunha.

Dacordo coa comunicación da Conselleria do Medio Rural e do Mar ás organizacións sindicais, veñen de notificarlle ás Xefaturas Territoriais as instrucións para proceder ao aboamento das horas realizadas en horario nocturno polo persoal do SPDCIF cunha regularidade trimestral.

Deste maneira, as horas nocturnas que se fagan nos meses de Xaneiro, Febreiro e Marzo deste ano, serán certificadas no mes de Abril e aboadas na nómina de Maio, e así sucesivamente.

Ademáis, teñen previsto o aboamento das horas nocturnas realizadas nos meses de Outubro, Novembro e Decembro de 2013, na nómina de Marzo.

Co fin de facilitar a información aos traballadores e traballadoras do SPDCIF sobre as horas nocturnas certificadas, estas certificacións estarán asinadas e co visto e prace do Xefe Territorial a disposición do persoal nos Distritos Forestais de pertenza a partir do mes seguinte en que se certifiquen.

A CIG reclámalle á Xunta a reposición inmediata dos salarios roubados indebidamente aos/ás traballadores/as.

As organizacións sindicais CIG, CCOO, UGT e CSIF compareceron este venres, día 24, en rolda de prensa para valorar a sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 3 de A Coruña, que vén recoñecer o dereito das empregadas e dos empregados públicos a cobrar unha parte da paga extra de 2012, que fora negada pola Administración Autonómica en suposta aplicación da normativa estatal de recortes dos dereitos laborais do persoal ao servizo das administracións.

A modificación estatal foi introducida polo Real Decreto-Lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade que reforma o artigo 50 do Estatuto Básico do Empregado Público. Este decreto é o mesmo que suprimiu, entre outros, os días de antigüidade e os días de asuntos propios, deixando, ademais, sen efecto todos os acordos sindicais adoptados ata ese momento.

Rodearon en manifestación o Parlamento de Galiza.

Delegados e delegadas de todos os sectores da administración pública e de todas as organizacións sindicais concentráronse este martes diante do Parlamento de Galiza contra as políticas contiuístas do Partido Popular tanto no goberno central, como na Xunta de Galiza. A mobilización, convocada pola Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos, coincidiu co pleno do Parlamento no que se aprobaron os orzamentos da Xunta para 2014.

O día 17 de de decembro, martes, ás 12 horas, está convocado un acto de protesta, por parte da Plataforma Galega en defensa dos Servizos Públicos,  diante do Parlamento Galego. As organización sindicais presentes nesta plataforma queremos  expresar o noso profundo rexeitamento aos orzamentos do ano 2014 que está previsto que se aproben ese mesmo día dada a maioría absoluta do PPdG. Está chamada á concentración toda a cidadanía galega e, en especial, as traballadoras e traballadores públicos do noso país.

Ademáis do referido ao capítulo I, podes atopar unha análise completa do proxecto de Lei dos Orzamentos nestoutra ligazón.

O 25 de outubro a sala do social do TSXG ditou sentenza en relación ao Conflito colectivo sobre o dereito ao abono da paga extra de decembro de 2012 ao persoal laboral da Xunta de Galiza. Non foi dentro do que esperábamos, pero estimouse parcialmente nos termos en que o persoal laboral terán o dereito a percibir a parte proporcional da paga extraordinaria correspondente aos días traballados do 1 ata o 14 de xullo de 2012, xa que o Tribunal determina que o RDL 20/2012, que entrou en vigor o 15 de xullo de 2012, non se pode aplicar retroactivamente.

Desde entón a Xunta garda silencio: nin sabemos se vai recorrer en casación, se pensa executala (e cando) ou se pensa ignorala, obrigando con iso a ter que solicitar a execución de sentenza a título individual. As 4 organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral solicitamos formalmente, e con carácter de urxencia, ao director xeral de Función Pública un pronunciamento sobre o que pretende facer a Xunta de Galiza. En boa lóxica solicitamos a excución inmediata e a aplicación subsidiaria ao persoal funcionario xa que é moi probable que as sentenzas do contencioso vaian no mesmo sentido que as do persoal laboral. De non facelo, a Xunta se enfrontará xudicialmente a unha multitude de solicitudes de execución da sentenza, co gasto que isto lle podería ocasionar.

As organizacións sindicais de CIG, CCOO, UGT e CSI•F en relación co recorte nas pagas extras do ano 2013, manifestamos que se vai garantir a defensa de tódolos traballadores/as da Xunta de Galiza mediante:

1. No caso do persoal funcionario, ao non poder emprender accións colectivas, se adoptará por parte das centrais sindicais, ao igual que no caso do 2012, a iniciativa de presentar varias demandas individuais que abran a vía cara a acadar un criterio de xeral aplicación por parte dos tribunais, a todos os afectados.

2. No caso do persoal laboral, coa presentación dun CONFLITO COLECTIVO que vai dar cobertura a todo o persoal en relación ao recorte das pagas extras do ano 2013, materializado no recorte da ADIC.ART.12.3 LEI 14/06.

A pesar de non haber a figura do conflito coletivo, para o persoal funcionario tampouco é necesario presentar reclamacións individuais, é máis, pode resultar contraproducente.

As organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Empregados Públicos e membros da Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos chegaron hai máis dun ano ao acordo de que todas as accións legais contra os recortes das pagas extras se farían conxuntamente. Para isto presentamos, CIG, CCOO, UGT e CSIF un CONFLITO COLECTIVO para a recuperación da paga extra de decembro de 2012 e subsidiariamente para a recuperación da contía devengada e non cobrada.

A sentenza sobre este conflito colectivo se espera que sexa pública esta ou a seguinte semana.

  • No caso de ter unha sentenza favorable: Emprenderemos accións similares en relación ás pagas extras do 2013, e defenderemos que ou ben se adopten conxuntamente, como no caso do 2012, ou no seu defecto, a CIG interporá conflito colectivo.
  • No caso de non ser favorable: Presentaremos de igual modo conflito colectivo pola supresión da contía adicional, a través da Plataforma, ou como CIG.