Retribucións

Atribueselle a María Antonieta a frase "se non hai pan que coman pasteis", típica bondade de ignorante valeira de contido, igualiño ao manifestado polo noso presidente Feijóo que ven dicir que "se teñen problemas, que pidan un anticipo", o que non soluciona nada e sitúa a imaxe do presidente fora da realidade social.

Esto é o que ven a ser o acordo do Consello da Xunta polo que anuncian que no 2013 recoñecen o esforzo dos empregados públicos permitíndonos solicitar un adianto do 50% da extra do verán.

Os anticipos xa están recoñecidos para o persoal funcionario, e para o persoal laboral existe o dereito ao anticipo en nómina de dous meses recollido no artigo 37 do Convenio. Non nos satisface, non nos compensa nada, e seguimos vendo como minguan as nosas nóminas e os nosos dereitos. Que non nos vendan contos, como a suba do 3% ou a progresividade dunha medida que nen se atreven a defender frontalmente e xustifican con argucias: nin nos suben o 3% (son recortes de arredor do 4%), nin é progresiva (en niveis mínimos recortan proporcionalmente máis a un subalterno co 4,89% que a un corpo superior co 3,51%), nin a posibilidade de pedir un anticipo supón un regalo de Feijoo, senón un dereito xa recoñecido que non contribúe a mellorar a nosa situación.

Ao igual que veñen facendo con cada mobilización cidadán, o Partido Popular blindou con antidisturbios a EGAP, onde se celebraba a reunión da Mesa Xeral de Negociacion. Unha mesa de negociación desaloxada pola policía, ao negarse os nosos compañeiros a dar por rematada a xuntanza ata que Feijoo comparecese a explicarlles os recortes, pois uns directores xerais de Función Pública e de Orzamentos non son quen de dar contas dunha decisión claramente política como foi esta.

Roubannos o complemento específico das dúas pagas extras e aplican unha medida similar ao persoal laboral.

O venres 21 de decembro, nunha tensa reunión da Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos, da que finalmente fomos desaloxados pola policía por esixir a presencia de Feijoo para explicarnos os recortes, os directores xerais de Función Pública e de Orzamentos expuseron a decisión do PP de roubarnos o complemento específico das pagas extras do 2013 para o persoal funcionario e cantidade equivalente para o persoal laboral.

Eles estiman que no 2013 haberá unha reducción de ao redor do 6,5% da masa salarial do Capítulo I (gastos de persoal) con respecto ao 2012, do cal un 4% se debe ao recorte na extraordinaria e un 2,5% ao aforro que se producirá pola aplicación da lei de medidas.

Na Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos do venres 21 de decembro, os responsábeis políticos do PP na Administración de Galiza expuseron a súa decisión respecto ás retribucións dos empregados e empregadas públicas para o ano 2013, consistente na retirada do complemento específico nas dúas pagas extras, e cantidade equivalente para o persoal laboral.

Esta parte fundamental das nosas retribucións anda entre 300 e 1.500 euros, segundo o nivel, duas veces ao ano. Suporá unha redución do 4% respecto do conxunto da mesa salarial. Segundo o PP, a redución total será do 6,5% correspondendo un 2,5% a reducións conseguidas en aplicación da Lei de Medidas.

A estas horas, 15:00 horas, os delegados e delegadas sindicais seguen a estar concentrados na EGAP, pechados cos representantes da Administración reclamando que veña Feijóo. Como supoñemos que non virá, agardamos o desaloxo policial. Máis información ao longo do día.

Ante o recorte que nos van aplicar, nun acto de covardía, Feijoo afirma que "van recuperar parte do que perderon".

Despois de verter nos últimos meses bágoas de cocodrilo sobre o inxusto que foi recortarlle a extra aos funcionarios, Feijoo intenta aplicar unha medida que nin sequera se contempla nos orzamentos xerais do Estado. Pretende recortarnos outra vez un 7%, algo ao que non está obrigado por ningunha norma básica senón que o fai por vontade propia.

O truco é xogar coas palabras. Van recuperar con respecto ao 2012 significa que tampouco imos cobrar este ano a paga extra ao recortarnos un importe similar á mesma, supoñemos que aplicándollo ao complemento específico dos funcionarios/as e ao de funcións do persoal laboral.

E nun exercicio de cinismo dí que xa negociará cos sindicatos como queremos o recorte. Dende logo a CIG non vai negociar ningún recorte á carta.

As organizacións sindicais estamos convocadas a unha sesión extraordinaria da Mesa Xeral de Negociación dos Empregados Públicos o venres 21 de decembro ás 13:45 horas na EGAP (Compostela), para tratar o Capítulo I (gastos de persoal) dos orzamentos de Galiza. Convidamos a todos e todas a acudir á EGAP, ás 13:30 horas.

O luns 17, o Director Xeral da Función Pública negou o ruxe-ruxe de que pretendían descontar un 50% do complemento específico das nóminas, pero o xoves 20, preguntado pola información publicada por varios medios de comunicación segundo a que nos ían retirar un 7% nas retribucións, o Director Xeral deu a calada por resposta. Xa que logo, nestes intres non sabemos cales son as súas intencións, pero non nos gusta nada o que observamos.

Non nos vamos quedar de brazas cruzados a velas vir, así que che convidamos a que veñas á EGAP, o venres 21, ás 13:30 horas.

A información que teñamos da Mesa Xeral publicarémola no noso web, en http://autonomica.cigadmon.gal

Unha vez máis os empregados/as públicos podemos ser as víctimas dos recortes que prepara Feijoo para os Orzamentos Xerais do 2013.

O venres 21 está convocada unha reunión da Mesa Xeral de Negociación dos empregados públicos ás 13:45 na EGAP (Compostela) onde o goberno vainos dar conta do Capítulo I dos Orzamentos Xerais.

Pero hoxe, diversos medios de comunicación xa se fan eco da nova que mañán é posíbel que nos anuncien: un recorte do 7% nas retribucións no 2013.

La Voz de Galicia

El País

Praza

Sexa como sexa, hoxe non podemos quedarnos de brazos cruzados esperando ao que suceda mañán sen expresar o noso rexeitamento a esta medida se finalmente se confirma o que relatan os medios.

  • A lei que a suprimía permite recuperala no 2013.
  • Esiximos que nos Orzamentos Xerais do 2013 se reflictan as retribucións completas dos empregados públicos referidas a 14 pagas máis o importe integro da paga extraordinaria do nadal de 2012.
  • Non se trataría dun adianto da paga extra de xuño de 2013.


Lei 9/2012 do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade, en materia de emprego público. que traspón as medidas do RD-l 20/2012, de 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competividade, suprimía a paga extraordinaria dos empregados públicos da Xunta de Galiza, pero no seu artigo 1.2.e) dispoñia o seguinte:

Segundo informacións aparecidas nos medios de comunicación, o Partido Popular veñen de introducir unha emenda aos orzamentos xerais do Estado para o ano 2013 na que propoñen ampliar o recorte de salario en caso de baixa por incapacidade temporal aos días nos que os empregados se ausenten por enfermidade, sen chegar a existir parte de baixa.

O Parlamento de Navarra aproba presentar recurso de inconstitucionalidade contra a supresión da paga extra de Nadal, co voto favorable de SN, Nabai, Bildu e I-E, a abstención de UPN e o voto en contra do PPN.

Están a ser distribuídas, varios modelos de reclamación ou recurso individual contra a aplicación da nova redución salarial aos empregados públicos que recollen os artigos 2 e 3 do RDL 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria.

A Asesoría Xurídica da CIG desaconsella ás empregadas e empregados públicos a presentación de reclamacións-tipo, polos seguintes motivos: