HORARIO ESPECIAL PARA TODO O PERSOAL EN PRESIDENCIA

Esta modificación comporta unha serie de cambios substanciais nas condicións de traballo e horarios de todos os traballadores e traballadoras dos Rexistros Administrativos da Xunta de Galicia (rexistro, información e subalternos), xa que a pesar de que no borrador que nos deron hai meses para negociar aparecía neses postos a observación de “Cando vacante horario especial”, que nós nos negamos a que incluíran, agora mudan de opinión e poñen “Horario Especial”. Esto vai facer que en canto se publique no DOG calquer traballador ao que lle conste esta circunstancia na súa RPT vai ter que traballar de tarde, a xornada partida e sábados se así o considera o Secretario Provincial. Dan o mesmo as condicións anteriores de cando se concursou ao posto, o que queren facer é legal. E so o podemos parar dende a resposta sindical, tal e como xa o paramos no pasado cando tamén pretendían impoñer o “horario especial” e finalmente quedou “cando vacante horario especial”. Novamente temos que paralo.

AMORTIZAN 83 POSTOS DE TRABALLO BOTANDO Á RUA A 55 TRABALLADORES/AS

Xunto co anterior, pretende Presidencia amortizar 83 postos de traballo, 55 deles con traballadores/as en activo que pasarán a engordar as listas de desemprego. Dende a CIG-Autonómica viñemos denunciado ao longo do ano esta pretensión da Consellaría, tanto en diferentes concentracións nos diferentes xulgados de todo o país como nas negociacións que se estaban a levar coa administración e que nestes intres estaban estancadas pola negación da Consellaría a respostar ás alegacións presentadas pola CIG.

A nosa preocupación pola situación laboral deste persoal, nalgún caso con 20 anos de servizo continuado nos servizos de limpeza e mantemento dos xulgados dende a súa transferencia do Ministerio de Xustiza, comezou xa no mes de abril cando a Consellaría publicou as bases para a licitación do servizo de limpeza vulnerando claramente a lexislación vixente, xa que só indicaba a subrogación do persoal que dependía de empresas privadas, excluíndo ao que dependía diretamente da Xunta de Galiza, nun claro desprezo ao persoal do sector público que ademais de pasar ao paro o fará sen cobrar indemnización de ningún tipo polos anos prestados na Administración Pública.

Durante moito tempo o servizo estivo duplicado, por un lado as empresas privadas e por outro o persoal da administración pública, provocando incluso nalgún momento puntual enfrontamentos entre os diferentes colectivos polas funcións a desempeñar. Ata que finalmente, como ven facendo durante este catro anos este “goberno de esquerdas”, privatizan totalmente o servizo e botan a xente á rúa.

A CIG-Autonómica tentou en infinidade de ocasións tratar de solucionar esta problemática coa Consellaría cunha negativa constante por parte da mesma que, en palabras textuais do Secretario Xeral, comunicou que este tema era innegociable. Estamos a falar, por tanto, dunha imposición por parte da Consellaría de Presidencia que, sen ningún tipo de pudor, vai botar á rúa a 55 persoas e amortizar 83 postos de traballo. Así é como enfronta a crise económica a Administración da Xunta de Galiza, a conta de eliminar postos de traballo para, supoñemos, entre outras cousas pagar o “plus de altos cargos” aos privilexiados/as, mercar coches de “alta gama” e arranxarlle postos “a dedo” aos amigos/as.

O XOVES 18, TEMOS QUE DAR UNHA RESPOSTA SINDICAL. CONTACTA COA CIG.