Despois das recentes asembleas de centros de ensino, onde quedaron patentes moitas das demandas do colectivo, e da negociación previa coa Consellaría sobre esta RPT, onde todos coincidimos en pedir a revisión das ratios, o incremento de plantilla, a apertura dos postos de auxiliar ao grupo C1, etc, CC.OO. se desmarca e brindalles un voto a favor dunha RPT que non recolle absolutamente ningunha das nosas demandas.

Esto supón un balón de osíxeno para a Consellaría e un mazazo aos traballadores que van ver as súas demandas deslexitimadas ante a Consellaría cando se lles propoña unha negociación sobre estes puntos.

Supón, por outra banda, rachar a unidade sindical ao quebrar a táboa reivindicativa básica coa que tacitamente viñamos operando, e nos coloca en mala posición de cara ás futuras negociacións que deberemos establecer cos novos xestores da Consellaría.

A CIG vai seguir buscando esa unidade sindical e dos traballadores e traballadoras deste colectivo, pero tamén vai denunciar a acción sindical contemporizadora e o amarelismo dos que se poñen de xeonllos ante os patróns.