Incumprindo o compromiso de sentarse a falar, hoxe martes, nas datas nas que estamos, a Directora de Función Pública convoca Comisión de Persoal para o venres 26 de decembro, unha Comisión de Persoal extraordinaria na que volven á carga.

Entre a documentación que achegan engaden un "informe" no que clarifican que o horario especial será voluntario. Para a CIG este "informe" non ten valor ante un Decreto que establece horario especial, polo que non nos fiamos en absoluto.

Respecto do persoal de mantemento despedido pola privatización, nin unha soa aclaración. Co persoal de limpeza, tan so hai un compromiso verbal, que novamente non nos da a mais mínima confianza, mais cando os movementos están sendo tan apurados, sen sentarse a falar.

Por todo isto, e a pesares da data na que estamos, a CIG convoca a todos os seus delegados, así como a calquer traballador/a que se sinta agraviado por esta privatización e imposición, a presentarse o venres 26, ás 11:30 na EGAP, onde se vai celebrar a Comisión de Persoal ás 12 horas.