A pesar de estar aberta a Administración Local, este posto podería ser ocupado tamén por persoal da Xunta, pero non, parece ser que non atoparon ninguén suficientemente apto na Xunta de Galiza. Recordamos que a xustificación para abrir o posto xa foi significativa de que nel só entraría persoal dos concellos.  A memoría funcional explicaba que nun futuro se modificará a lei de administración local e as competencias de contratación nos centros as podería asumir a Xunta e por tanto sería bo poder contar con alguén que coñeza a realidade da contratación na Administración local. Seguro que na Xunta, por se se producise a dita eventualidade, hai profesionais de sobra que controlan tanto de contratación pública como de Administración Local.

Un caso máis, onde se demostra que prima a confianza sobre o aforro. E claro, con tanta desconfianza queda polo camiño a carreira profesional de decenas de compañeiros e compañeiras en postos base ou a diposición da persoa titular da consellaría. Iso por non falar do gasto que conleva andar traendo persoal doutra administración cando hai excelentes profesionais dentro da casa.