Son “innovadores” na introducción de sistemas de provisión de postos mediante fórmulas totalmente arbitrarias e contrarias á igualdade de oportunidades e transparencia. Na proposta de RPT da Axencia Galega de Innovación Introducen o persoal de alta dirección, cando esta figura aparece no Anteproxecto de Lei do Emprego Público de Galiza, que aínda non está nin siquera en trámite parlamentario. E na RPT da Consellaría introducen o “concurso específico”.

Parécenos como pouco precipitado propoñer un sistema de provisión, que aínda que aparece citado no decreto de provisións, non está definido nin desenvolto nin se utilizou nunca e que si aparece desenvolto no Anteproxecto de Lei do Emprego Público de Galiza, pero que polo de agora só é un anteproxecto.

Os representantes da Consellaría din que foi Función Pública quen lles indicou que propuxeran este sistema de provisión para a Xefatura de Sección de Habilitación e Persoal. Isto é máis grave, Función Pública está animando ás consellarías a utilizar un sistema de provisión cuxo desenvolvemento aínda non foi aprobado polo Parlamento.