O director xeral de Función Pública expresa na Mesa que se nomearán funcionarios de carreira para estes postos. Pero si é así por qué manter abertos os postos a persoal de alta dirección?

Non vale que o director xeral se comprometa verbalmente. Si de verdade pretendera iso na RPT se recollería que estes postos son pechados a AXG, é dicir a persoal da Administración Xeral da Xunta de Galiza. No canto diso o que se fai é crear cinco postos de persoal directivo do subgrupo A1 (o de xerente e catro directores de Área) dos cales dous están abertos a persoal da empresa privada.

Pola experiencia destes anos sabemos que a palabra do Partido Popular vale cero, de aí que non sexa críbel un compromiso que non se materializa na Relación de Postos de Traballo da AMTEGA.

E como dicíamos en agosto, isto vai supoñer un sobrecuste ás arcas públicas ao cobrar este persoal 6.000 euros anuais máis que un subdirector xeral, un funcionario da súa categoría coas retribucións máximas.

En definitiva, se privatizan postos de funcionarios, apostan por importar persoas afíns fronte a apostar polas persoas funcionarias do subgrupo A1 da Xunta de Galiza, constitúe un insulto a estes compañeiros/as con sobrada e demostrada capacidade técnica para desenvolver estes postos, increméntase un gasto para realizar unhas funcións que poderían ser desempeñadas e de mellor xeito por persoal propio. Esta é a Administración do Partido Popular, privatizada e máis cara.

Dende a CIG sinalamos que esta é só a primeira pinga deste proceso e rexeitamos non só que se inunde a Administración de persoas da empresa privada, senón a mesma regulación da figura do persoal directivo e o proxecto de Lei de Emprego Público, dictada según os mandatos da FAES.