Agora, xa expostas as bases na páxina web da Secretaría Xeral de Igualdade, confírmase o denunciado pola CIG, constatándose que non se esixe para este posto formación en materia de igualdade (Psicoloxía, Psicopedagoxía ou Taballado Social, por poñer varios exemplos), nin tampouco formación en igualdade de oportunidades.

Paradoxalmente, a formación requirida é a titulación superior universitaria das ramas de coñecemento de Arte e Humanidades ou Ciencias Sociais e Xurídicas, que non teñen relación directa coa formación específica en materia de igualdade.

Por se quedaba algunha dúbida sobre a intención coa que se establece este proceso de provisión, no proceso de selección outorgaranse até 10 puntos por entrevista persoal, e 30 puntos pola entrega dun "proxecto de organización", que só pode se presentado durante o prazo de presentación de instancias (até o 4 de febreiro de 2014). Este proxecto só pode ser presentado até o 4 de febreiro de 2014, se ben o prazo das solicitudes xa remata o 28 de xaneiro; tal acurtamento dos prazos é outro indicativo da pouca concorrencia que queren facilitar.

Con estas bases queda acreditado, en resumo, que o que menos lle importa ao Partido Popular é a profundización en materia de igualdade a a loita contra os efectos da violencia de xénero, e que máis lle importa é convertir a Xunta nunha axencia de colocación de persoal alleo á Administración.

 Ligazón: bases reguladoras da convocatoria do posto de directora do CRI